Imaxe: Manu Boutureira.
Os abonos adquiridos no seu día para a cancelada Copa do Rei e da Reina 2020 terán validez para a edición de 2021, a celebrar tamén na cidade de A Coruña. Deste modo, procúrase o menor dano económico posible para os afeccionados e afeccionadas que xa mercaran o seu pase.
Igualmente, toda aquela persoa interesada en solicitar un reembolso do seu abono de 2020 poderá facelo a través dunha dirección de correo electrónico que o Deportivo Liceo facilitará chegado o momento. Para completar a devolución dos correspondentes cartos, será necesario entregar dous documentos: o resgardo da compra do abono de 2020 e unha fotocopia do DNI do seu propietario ou propietaria. Este proceso poderá levarse a cabo unha vez saian á venta os pases da Copa de 2021.
A Copa do Rei e da Reina do ano próximo terán lugar, sempre que as condicións sanitarias o permitan, do 17 ao 21 de marzo.