Un DeportivoLiceo de récord

Un DeportivoLiceo de récord

FOTO: HOCKEY GLOBAL

Intratable, con sete vitorias en sete partidos, o DeportivoLiceo comanda a Ok Liga con puño de ferro e cuns números que melloran en todo aos rexistros cultivados polo cadro herculino no sete primeiras xornadas dos campionatos dos últimos anos.

Na actualidade, o líder en solitario da Ok Liga suma 21 puntos, marcou 36 goles (segundo máximo anotador- superado polo Igualada 38) e recibiu 11 díanas (segundo que menos recibe, mellorado polo Barça con 8). Cifras que superan ás conseguidas polos coruñeses nas últimas tempadas, tendo en conta que, na 2018-2019, tiñan 16 puntos, anotando 32 goles e recibido 15, e un ano antes, os herculinos sumaban 19 puntos con 35 tantos a favor e 12 en contra, mentres que, na 2016-2017, a cifra de puntos baixou ata os 15 e o balance era de 35 goles a favor e 20 en contra.

Cun equipo moi renovado, eran poucos os que se atrevían a vaticinar un arranque de liga tan espectacular, e moito menos, que os mozos de Copa puidesen logralo tendo en conta que na primeira xornada tiñan que facer fronte ao Barça e, pouco despois, visitar a pista dun Igualada que está realizando un arranque de campionato moi por encima tamén do esperado.

A maldición da xornada 8
Coa mente posta xa na visita ao Lloret e en lograr a oitava vitoria consecutiva, chama a atención das últimas tempadas que foi, precismente nesta data do calendario, cando o Barça cedeu os seus primeiros puntos nas dúas últimas campañas ao empatar na súa visita a Noia (2-2) e ao caer derrotado na 2017-2018 na pista do Reus (3-2).

Lonxe de deterse nesta circunstancia, o cuadro prepara desde hoxe o choque ante o Lloret para, posteriormente, e tras verse as caras ao Oliveirense nun partido vital para o devir europeo dos herculinos, volver viaxar a terras catalás e medirse ao Voltregá, en dous encontros que poderían disparar, aínda máis, os números dun DeportivoLiceo xa de seu brillantes neste inicio de Ok Liga.

Deja un comentario