Imaxe: Manu Boutureira.
Unha vez coñecido o calendario da próxima OK Liga, o Deportivo Liceo terá máis clara a súa folla de ruta o día 12 de setembro. É a data indicada para a realización do sorteo da Liga Europea, competición continental na que o equipo de Juan Copa terá novamente un papel protagonista.
O sorteo, a celebrar en Lisboa, incluirá a 16 equipos. Serán RHC Diessbach, Genève RHC (ambos de Suiza), Herringen (Alemania), La Vendeenne, Saint-Omer, US Coutras RH (franceses), Bassano (Italia), Benfica, Porto, Oliveirense, Sporting CP, OC Barcelos (portugueses), Barcelona, Reus Deportiu, Noia e Liceo (España).
A Liga Europea, que todavía non conta con data de inicio, ofrecerá máis novedades nos próximos días.