Imaxe: Manu Boutureira.
O Deportivo Liceo sabe xa a súa folla de ruta para a primeira fase da Liga Europea 20/21. Esta parte inicial da competición, que comezará o día 7 de novembro, xuntará a Juan Copa e os seus con FC Porto (Portugal), La Vendéenne (Francia) e Genève RHC (Suiza) no GRUPO B.
Esta fase de grupos, sempre que a situación sanitaria o permita, durará un total de seis partidos e rematará para o Liceo o 13 de febreiro do vindeiro 2021.
Os compromisos para os verdes serán os seguintes:
- FC Porto – DEPORTIVO LICEO (7/11/2020)
- DEPORTIVO LICEO – Genève (21/11/2020)
- La Vendéenne – DEPORTIVO LICEO (12/12/2020)
- DEPORTIVO LICEO – La Vendéenne (16/1/2021)
- DEPORTIVO LICEO – FC Porto (30/1/2021)
- Genève – DEPORTIVO LICEO (13/2/2021)
Ademáis do mencionado B, o sorteo tamén deixou os seguintes grupos:
- GRUPO A: Sporting CP, Noia, US Coutras, Herringen.
- GRUPO C: FC Barcelona, SL Benfica, Diessbach, Bassano.
- GRUPO D: Saint-Omer, UD Oliveirense, Reus, OC Barcelos.
En caso de lograr a clasificación para cuartos de final, o Deportivo Liceo xogará contra o primeiro ou o segundo do Grupo C (Barça, Benfica, Diessbach ou Bassano).