Foto: Hockey Global
Juan Copa seguirá á fronte de Deportivo Liceo por cuarta tempada consecutiva. Despois de semanas de impasse provocadas polo complicado contexto sanitario, o técnico e a directiva herculina certificaron unha continuidade que ambas as partes daban por segura desde que se confirmase o abrupto final da tempada pasada que xerou a pandemia do Covid-19.
Cerrada a súa renovación, e co plantel perfilado coa continuidade de Carles Grau, Martín Rodríguez, Franco Platero, Dava Torres, Marc Grau, Roberto dei Benedetto, Facu Bridge, Fabricio Ciocale e Maxi Oruste, aos que se sumase César Carballeira tras a baixa de Bruno dei Benedetto, o técnico planifica xa a volta aos adestramentos coa mente posta en chegar en plenitude de forma á Copa do Rei, prevista para a fin de semana do 17 ao 20 de setembro.
Por outra banda, o preparador e a entidade herculina traballan para poder dar a coñecer nas próximas semanas ao resto de intregrantes do corpo técnico que traballará man a man co primeiro persoal liceísta.