CRÓNICA | O Liceo da a cara no derradeiro amigable do stage en Portugal (6-4)

CRÓNICA | O Liceo da a cara no derradeiro amigable do stage en Portugal (6-4)

O Deportivo Liceo caeu ante o FC Porto (6-4) no seu terceiro e último compromiso amigable deste stage en Portugal. Os de Juan Copa pagaron unha mala primeira parte que, a pesar da boa reacción posterior, serviu para colocar a derrota no marcador.

Tal e como ocorreu en Valongo, o Deportivo Liceo encaixou o primeiro gol nada máis comezar o partido. O local Reinaldo logrou superar a Carles Grau para, novamente, poñerlle as cousas complicadas ós verdes desde o principio. Non mellorou a situación cando o Porto logrou dobrar a súa vantaxe, debido a unha desafortunada acción de Jordi Adroher. Lonxe de reaccionar, como si fixo ante o Barcelos e a AD Valongo, o Liceo non foi quen de deter as embestidas do seu rival. Alves primeiro e Xavier Margordomo despois encargáronse de plasmar un 4-0 parcial antes do tempo de asueto.

Unha reacción insuficiente

Non cambiou demasiado o guion da segunda metade, aínda que a sede do Porto pareceu calmar. Aínda así, Daniel Oliveira ‘Poka’ aumentou a vantaxe para os branquiazuis tres minutos despois da reanudación. Cinco golpes despois, os de Juan Copa maquillaron o marcador con sendos goles de Roby di Benedetto (5-2), un dos realizadores máis destacados do stage en Portugal.

Maxi Oruste puxo a esperanza para o Deportivo Liceo co terceiro tanto, pero o Porto reaccionou ben e o anulou co segundo na conta particular de Alves. Xa a apenas minutos para o final, Marc Grau colocou o 6-4 definitivo que plasmaba a derrota para o equipo liceísta.

FICHA TÉCNICA

FC PORTO: Xavier Crosas, Giulio Cocco, José Costa, Xavier Margordomo, Reinaldo (cinco inicial). Tamén xogaron José Gonçalves, Tomás Mena, Daniel Oliveira, Gonçalo Alves e Tiago Rodrigues.

DEPORTIVO LICEO: Carles Grau, Dava Torres, Roby di Benedetto, Franco Platero, Jordi Adroher (cinco inicial). Tamén xogaron Martín Rodríguez, Maxi Oruste, Marc Grau e César Carballeira.

GOLES: 1-0 (Reinaldo, min. 1). 2-0 (Adroher pp., min. 6). 3-0 (Alves, min. 18). 4-0 (Xavier Margordomo, min. 23). 5-0 (Oliveira, min. 28). 5-1 (Di Benedetto, min. 32). 5-2 (Di Benedetto, min. 36). 5-3 (Maxi Oruste, min. 40). 6-3 (Alves, min. 43). 6-4 (Marc Grau, min. 47).

INCIDENCIAS: Terceiro amigable do Liceo no seu stage en Portugal, disputado ante o FC Porto. Sen espectadores.

Deja un comentario