Chega á súa fin o enésimo período de descanso competitivo e faino cunha visita a territorio asturiano. Concretamente ó Mata Jove do Telecable, onde o filial masculino do Deportivo Liceo disputará o seu sexto partido da tempada. No Grupo Norte da OK Bronce, pola existencia de tres turnos de asueto por xornada, tocará xa a 9.
O filial liceísta é o equipo do Grupo Norte que viviu máis turnos de descanso.
Os verdibrancos procurarán sumar de tres e mellorar a súa actual oitava posición, refrendada por catro puntos. Son actualmente o conxunto con menos datas disputadas, con cinco, por detrás dos que teñen seis e sete. Entre estes últimos está o equipo xixonés, tamén con catro unidades e colocado na novena posición.
Nova xornada e descanso de Nadal
Non haberá novo parón unha vez vivido o partido no Mata Jove, xa que os muchachos dirixidos por Sergio Huelves volverán á acción o vindeiro sábado 17. Ás 17:00h recibirán ó Patinalón no Agra I.
Despois chegará o descanso vacacional. O 14 de xaneiro, xa de 2023, volverá a OK Bronce coa visita ó Urdaneta.