Imaxe: Mónica Arcay.
A estancia do Deportivo Liceo en Cataluña para a disputa dos seus partidos contra o Vendrell e o Palafrugell deixou tempo para unha importante visita. Concretamente ó equipo de hockey da Associació de Discapacitats de Barberà del Vallès (ADB), dirixido por Antonio González e Anna Fraguas.
Tódolos membros do Liceo realizaron un adestramento cos integrantes do seu plantel: Agustín, María José, Cristina, Manuel, Juan Carlos, Toni, Ramón, Ignasi, Luis e Rafa. Podes ver a GALERÍA COMPLETA DE FOTOGRAFÍAS, obra de Mónica Arcay, a través da nosa páxina de Facebook.
Sirva esta iniciativa para fomentar o deporte adaptado e dar a coñecer esta realidade, que tamén existe, para que as persoas con discapacidades severas se animen e vexan que tamén é posible practicar deporte e competir.
El #DeportivoLiceo visitó al equipo de Hockey en Silla de Ruedas Eléctrica de la ADB (Associació de Discapacitats de Barberà del Vallès).
Dirigido por Antonio González y @annafraguas, hace del deporte adaptado una vía de integración y superación.
¡Un placer!
🎥 @ArcayMonica pic.twitter.com/WnG2Xoog9t
— Hockey Club Liceo (@HockeyclubLICEO) April 30, 2021
Sobre a ADB
A Associació de Discapacitats de Barberà del Vallès orixinouse o 1 de xullo de 2003. O seu equipo de Hockey en Cadeira de Rodas Eléctrica foi creado no ano 2005.
Na actualidade, o conxunto é mixto e está formado por sete xogadores e dúas xogadoras de diferentes edades entre 13 e 58 anos, con diversas patoloxías. Este deporte otórgalles a oportunidade de demostrar día a día as súas capacidades, sexa cal sexa o obstáculo.
O reto da ADB é lograr que as persoas con discapacidade vexan no deporte adaptado unha vía de escape, integración, normalización, superación persoal, compañerismo, ganas de competir e pasalo bien. Compiten e difunden o deporte para chegar a tódalas persoas con diversidade que desexen practicar o Hockey en Cadeira de Rodas Eléctrica. A través do deporte adaptado, fomentan a integración e otórganlle visibilidade á diversidade.
Imaxes de Mónica Arcay.