A estancia competitiva do Deportivo Liceo en Cataluña non só serviu para disputar a Champions e a OK Liga. Tamén para atoparse de novo con vellos amigos. Hoxe sábado a expedición verdibranca xuntouse coa AD Barberá del Vallés, equipo de hockey adaptado que cedeu a súa pista para o adestramento matinal.
Ademáis, a ADB permitiunos realizar o saque de honra do seu partido do mediodía.
¡GRACIAS por permitirnos hacer este saque de honor, @hsreADB! https://t.co/6jleSnCfEJ pic.twitter.com/4bRJvMFWxk
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) February 25, 2023
A relación co conxunto catalán vén de longo. Non é a primeira vez que o Deportivo Liceo visita á ADB, xa que a última tamén serviu para realizar unha sesión inclusiva de preparación. Meses despois dese evento, o equipo estivo presente na Copa do Rei 2021 que rematou co entorchado coruñés.
Moitas grazas, compañeiros, por demostrar día a día os valores do deporte!