Valongo e Quévert súmanse ó grupo europeo do Deportivo Liceo

Valongo e Quévert súmanse ó grupo europeo do Deportivo Liceo

5 de novembro de 2024


A WSE Champions League xa coñece a todos os seus participantes tras celebrarse as eliminatorias de clasificación.

O Deportivo Liceo de Juan Copa xa coñece a todos os integrantes do seu grupo europeo. Esta fase da WSE Champions League queda formada ó 100% trala celebración das eliminatorias de clasificación, necesarias para aclarar ós catro equipos restantes que loitarán ben no Grupo A ou no B.

Neste último, ó cal pertenece o Liceo, sumáronse o Valongo portugués e o Dinan Quévert francés. Fixéronno, respectivamente, como os gañadores das eliminatorias 3 e 4. Ambos únense á lista de rivais liceístas que xa incluían ó Benfica, ó Trissino e ó Oliveirense.

Esta Fase de Grupos da WSE Champions League 24/25, que cambia o seu formato, durará 10 xornadas e pasarán os catro primeiros conxuntos de cada división. Trala súa finalización xogarase unha rolda de Cuartos de Final para despois clausurar cunha Final 4 en sede única por confirmar.

O calendario, a falta todavía de confirmar os horarios como visitante, aclárase máis para o Liceo. Tódolos encontros serán en xoves:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO (21 de novembro)
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense (28 de novembro, 20:30h)
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO (5 de decembro)
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro, 20:30h)
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. AD Valongo (30 de xaneiro, 20:30h)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Dinan Quévert (6 de febreiro, 20:30h)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro, 20:30h)

Deixa un comentario