Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
Unha mancadura no pulso dereito terá apartado a Dava Torres, capitán do Liceo, durante un período de aproximadamente tres meses. O xogador foi intervido hoxe xoves en Madrid, con resultado exitoso.
As súas molestias apareceron fai xa varias semanas, pero o recén renovado Dava decidiu rematar a tempada a pesar da dor. Non lle impediu ser parte importante do gran éxito da Copa do Rei.
O club quere desexarlle o maior dos ánimos á vez que agradece o seu intachable compromiso, amosado con creces unha vez máis.