Imaxe: Manu Boutureira.
Non pode dicir o mesmo o primeiro equipo, polos positivos en COVID-19 dos seus vindeiros rivais, pero o OK Prata de Stanis García continúa a súa viaxe pola competición doméstica. Tras empatar ante o Dominicos (7-7) e vencer ao Compañía de María (1-9) nas dúas primeiras xornadas, toca agora xogar ante un Finved Capellades que actualmente ocupa a sétima posición do Grupo Norte. O partido terá lugar este sábado 24 ás 20:40h, en campo catalán.
Non será unha xornada normal, como vén sendo habitual. Pospoñéronse un total de 10 partidos entre a OK Liga, a OK Liga Femenina e os dous grupos da OK Prata, dous deles correspondentes á competición do filial liceísta. Son o Jolaseta-Sant Cugat e o Manlleu-Areces, tras a aparición de positivos en COVID-19. O Sant Just-Vilafranca, tamén desta xornada, xogarase o vindeiro fin de semana.
Así, só teremos dous partidos máis que engloben aos rivais do Deportivo Liceo:
- CP Tordera – Compañía de María (24/10/2020, 20:30h).
- SHUM Frit Ravich – CAA Dominicos (24/10/2020, 21:00h).