8 de agosto de 2024
O Liceo queda encadrado no Grupo B xunto a Benfica, Trissino, Oliveirense e os dous gañadores dos Grupos Clasificatorios 3 e 4.
World Skate Europe realizou na tarde de hoxe o sorteo das súas competicións europeas, entre elas a WSE Champions League Masculina. Ese será o camiño do Deportivo Liceo de Juan Copa, encadrado no Grupo B do novo formato (dúas divisións de seis equipos cada unha).
Formato de novidade
Esta Fase de Grupos da competición durará un total de 10 xornadas. A primeira delas xogarase o 21 de novembro, mentres que a última terá lugar o 27 de febreiro do ano 2025. Clasificaranse os catro primeiros conxuntos de cada división.
Trala finalización desta fase xogarase unha rolda de Cuartos de Final entre o 27 e o 10 de abril, para finalmente clausurar a Champions cunha Final 4 do 10 ó 11 de maio (sede por confirmar).
O calendario do Deportivo Liceo na mencionada Fase de Grupos é o seguinte, cos horarios definitivos aínda por determinar:
- XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO (21 de novembro)
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Oliveirense (28 de novembro)
- XORNADA 3 | Gañador Grupo 4 vs. DEPORTIVO LICEO (5 de decembro)
- XORNADA 4 | Gañador Grupo 3 vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
- XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO vs. Benfica (9 de xaneiro)
- XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
- XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO vs. Gañador Grupo 3 (30 de xaneiro)
- XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO vs. Gañador Grupo 4 (6 de febreiro)
- XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
- XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO vs. Trissino (27 de febreiro)
Os dous equipos froito da fase previa sairán de entre os seguintes: Calafell (España), Diessbach (Suiza), Valongo (Portugal), Riba d’Ave (Portugal), Quévert (Francia), Sarzana (Italia) e Tomar (Portugal).