Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O Deportivo Liceo trasladou formalmente ó Concello da Coruña unha petición para utilizar o Pazo dos Deportes como recinto de xogo e adestramento do Feminino, recentemente ascendido á OK Liga.
Esta decisión tómase en pos da igualdade entre os conxuntos do club, representantes da cidade nas máximas competicións nacionais de hockey sobre patíns e, polo tanto, motivos de orgullo. A tempada 21/22 pretende inaugurar a xustiza, a visibilidade e a mencionada igualdade hacia un equipo que contará con tódolos medios da entidade para destacar na OK Liga.
Á súa vez, o Concello da Coruña manifestou a súa clara intención de axudar en todo o posible para lograr este obxectivo. O Deportivo Liceo desexa agradecerlle a Mónica Martínez (responsable de Deportes) e a todo o órgano público a excelente recepción da idea.
Comezo de pretempada con caras novas
No meramente deportivo, o equipo dirixido por Carlos Loureiro comeza hoxe 16 de agosto os seus adestramentos de pretempada. Coas datas oficiais da competición aínda por coñecer, a primeira proba confirmada será o día 28 contra o Sporting de Portugal (mesmo día do choque de presentación do conxunto masculino no Pazo). O plantel queda composto polos seguintes nomes:
RENOVACIÓNS
- Katy Guscin
- Luchy Paz
- Naiara Vaamonde
- Alejandra Martín
- Cristina Diz
- Isabel Barros
- Andrea Ojeda
- Beatriz Gaete
FICHAXES
- Adriana Soto
- María Sanjurjo
- Viki Caretta
- Alba Garrote
- LARA e LUCÍA YÁÑEZ (incorporacións procedentes do Borbolla).