O Deportivo Liceo vivirá un novo verán de reestructuración tralas sete baixas que sufrirá o seu plantel masculino trala finalización do curso 21/22. A Familia Liceísta quere agradecerlle a todos estes xogadores o seu gran papel nestas últimas tempadas cheas de galardóns.
Aínda que desvinculados do Deportivo Liceo, os sete forman parte da gloriosa historia do club máis laureado de Galicia e así serán lembrados. Ó mesmo tempo, desexámoslles a maior das sortes en tódolos seus novos retos profesionais.
CARLES E MARC GRAU
Os irmáns Grau chegaron á Coruña en 2019 e axudaron na consecución dunha Supercopa de España, unha Copa do Rei e a recente OK Liga.
MARTÍN RODRÍGUEZ GARABOA
O meta coruñés incorporouse no ano 2017 e axudou ó Deportivo Liceo durante cinco tempadas. Ergueu dúas Supercopas de España (2018 e 2021), unha Copa do Rei (2021) e unha OK Liga (2022).
JORDI ADROHER
O Mago deixa o Deportivo Liceo tras dúas tempadas nas que demostrou a súa inigualable calidade. Campión de todo, o catalán ergueu como verdibranco unha Copa do Rei, unha Supercopa de España e unha OK Liga.
ROBERTO DI BENEDETTO
‘Roby’ aterrizou na Coruña durante o pasado 2019 e pronto demostrou as súas grandes capacidades. Como xogador do Deportivo Liceo gañou unha Copa do Rei, unha Supercopa de España e unha OK Liga. Tamén foi MVP da mesma.
JORDI BURGAYA
Chegou a Galicia durante o verán de 2021. Semanas despois xa axudou a que o Deportivo Liceo erguera unha Supercopa de España. Meses máis tarde erixiuse como campión da OK Liga 21/22.
MAXI ORUSTE
O arxentino chegou á Coruña en 2019 e, a base de goles e compromiso, axudou ó Deportivo Liceo a erguer unha Copa do Rei, unha Supercopa de España e a recente OK Liga.
Grazas a todos por escribir connosco unha páxina máis da nosa historia!