A espera está a piques de rematar. O regreso do Deportivo Liceo á OK Liga Feminina xa só é cuestión de días, cunha data e unha hora marcadas no calendario: o sábado 6 de novembro e as 20:00h. Será o momento no que o equipo de Carlos Loureiro reciba ó CHP Bigues i Riells na pista do Pazo dos Deportes.
Tódolos Liceístas que o desexen poderán asistir a esta importante cita. O procedemento será exactamente o mesmo ó aplicado nos partidos como local do equipo masculino, polo que existirán tres escenarios: un para os socios do Deportivo Liceo, outro para o público xeral e un último para os abonados do Real Club Deportivo. Nos dous primeiros será necesaria unha ligazón que se facilitará nas redes do club durante os próximos días.
Socios do Liceo
Deberán mostrar o código QR do seu carnet dixital á hora de entrar. Será a medida habitual mentres se xestionen os pases físicos. Polo tanto, neste caso non será necesario maior procedemento.
¡E se todavía non eres socio do Deportivo Liceo, podes unirte a través do seguinte link!
Público xeral
Contará con entradas a un prezo de 5€ cada unha. Adquiriranse de forma online mediante a seguinte ligazón de CLUBER:
Abonados do Real Club Deportivo
Neste outro link de CLUBER, o Liceísta deberá adquirir a entrada sen custo algún.
Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR dese pase e o seu carnet do Real Club Deportivo. Serán indispensables para acceder.