A aparición da pandemia de COVID-19 truncou a Copa do Rei e da Raíña 2020, pero a edición de 2021 (tamén a celebrar en A Coruña) mantén unha das súas grandes iniciativas: a dos Riquiños.
Sanbrandan e o Deportivo Liceo relanzan a venda destas caixas de oito pequenos croissants, que se poden adquirir desde este momento nas tendas do Horno. Teñen un coste de 3,50€ por caixa, dos cales 1 € é doado ó noso clube.
Sen dúbida, unha iniciativa que adozará a celebración deste importante evento. A Copa do Rei e da Raíña terán lugar do 10 ó 13 de xuño no Pazo dos Deportes de Riazor, sendo o Liceo un dos participantes da categoría masculina.