Imaxe: Iria Roma.
O recén entrado 2021 xa lle abre as portas ó regreso competitivo. A vindeira fin de semana tocaralle volver ás pistas ó Feminino do Deportivo Liceo, que xogará o sábado día 9 de xaneiro ás 18:00h.
O conxunto da Liga Senior Autonómica Feminina, colíder da Fase Regular da competición, enfontarase ó HC Cambre. As liceístas procurarán repoñerse do 1-0 en contra encaixado ante o Borbolla o pasado 20 de decembro.
Pola súa parte, o OK Prata masculino dirixido por Stanis García debía regresar á segunda competición nacional cun duelo fronte o CP Areces Pavitek, pero un positivo en COVID-19 de última hora no rival impedirá a celebración do partido. Non había escasez de ganas, como ocorre co Feminino, tras a contundente derrota contra o Vilafranca (7-1) na última xornada do ano 2020. A pesar do golpe, o filial liceísta está completando unha actuación notable no Grupo Norte: é cuarto clasificado con 17 puntos, só 4 menos que o Manlleu (actual líder).
O Senior masculino terá que esperar sete días máis para volver a pisar pista, xa que para eles a competición regresará a semana do 16 de xaneiro. O seu rival será o Compañía de María.