Imaxe: HOCKEY GLOBAL (Mónica Arcay).
O ascenso á OK Liga Feminina está matemáticamente conseguido, pero a competición aínda non rematou. O Deportivo Liceo debe completar os dous partidos que lle restan da actual OK Prata, tras finalizar a xornada de descanso posterior ó triunfo chave contra o UDC Rochapea. O primeiro será como visitante ante o filial do HC Borbolla (domingo 13 de xuño, 19:00h).
Non é precisamente malo o precedente da primeira volta, no que o conxunto verdibranco logrou unha vitoria vital (1-0) para o camiño hacia o obxectivo. Sen embargo, o choque (a celebrar no Polideportivo de Monte Alto) será igual de complicado. O equipo de Santi Martínez é cuarto clasificado con 19 puntos e 57 goles a favor en 10 partidos, a segunda mellor marca da competición. Ademáis, permanece vivo na loita polo posto restante de ascenso.
O líder Liceo, pola súa parte, conta con 26 puntos que xa lle permiten pensar na planificación da vindeira tempada. De feito, xa quedaron confirmados tres nomes: a renovación de Bea Gaete e as fichaxes de Alba Garrote e Adriana Soto.