Este mércores 9 de xuño, víspera da competición que durará ata o día 13, todo aquel que confirmara a utilización do seu abono da Copa de 2020 deberá recollelo de forma presencial.
O proceso terá lugar nas taquillas do Pazo dos Deportes de Riazor, centro neurálxico do evento, en horario de 17:00h a 21:00h. Unha vez recollido, o propietario terá acceso a tódolos encontros tanto da categoría masculina como da feminina.
O Deportivo Liceo, anfitrión, inaugurará a súa participación o xoves 10 (día da inauguración) ás 20:45h. O seu rival de cuartos de final será o Voltregà.