PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X1) | Novo camiño e novo formato

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE 24/25 (X1) | Novo camiño e novo formato

21 de novembro de 2024


O Deportivo Liceo xogará en Trissino o primeiro partido da Fase de Grupos.

Novembro acaba ó grande coa nova WSE Champions League. A edición 24/25 comeza cun formato de estrea e co Deportivo Liceo como un dos 12 equipos que loitarán por levantar o entorchado. Ese camiño iniciarase para os de Juan Copa coa visita ó PalaDante do Trissino, o primeiro rival dos cinco que se atopará no Grupo B (xoves 21, 20:45h).

Este encontro da xornada inaugural estará dirixido polos árbitros portugueses Pedro Figueiredo e Silvia Coelho. Un ano máis, a WSE Champions League poderase ver en directo e de balde grazas á plataforma europe.worldskate.tv.

Formato de novidade

A máxima competición continental do hockey sobre patíns terá unha nova folla de ruta. A versión 24/25 contou primeiro cunha Fase Preliminar que precedeu á Fase de Grupos a iniciar esta semana. Haberá un total de dous, A e B, pertencendo o Deportivo Liceo a este último.

O Liceo vén de tres triunfos consecutivos na OK Liga. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Cada división conta con seis equipos, dos cales se clasificarán os catro primeiros despois da disputa de 10 xornadas (5 de ida e 5 de volta). Os Cuartos de Final resultantes xogaranse a ida e volta e determinarán ós participantes da Final 4 definitiva, a celebrarse nunha sede única.

O calendario dos verdibrancos será o seguinte, comezando este xoves 21 e finalizando o 27 de febreiro de 2025:

  • XORNADA 1 | Trissino vs. DEPORTIVO LICEO (21 de novembro)
  • XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO Oliveirense (28 de novembro)
  • XORNADA 3 | Dinan Quévert vs. DEPORTIVO LICEO (5 de decembro)
  • XORNADA 4 | AD Valongo vs. DEPORTIVO LICEO (12 de decembro)
  • XORNADA 5 | DEPORTIVO LICEO Benfica (9 de xaneiro)
  • XORNADA 6 | Benfica vs. DEPORTIVO LICEO (16 de xaneiro)
  • XORNADA 7 | DEPORTIVO LICEO AD Valongo (30 de xaneiro)
  • XORNADA 8 | DEPORTIVO LICEO Dinan Quévert (6 de febreiro)
  • XORNADA 9 | Oliveirense vs. DEPORTIVO LICEO (20 de febreiro)
  • XORNADA 10 | DEPORTIVO LICEO Trissino (27 de febreiro)

Sen novidades na lista coruñesa

Juan Copa leva a terras italianas ós mesmos dez xogadores que lograron acumular tres triunfos seguidos na OK Liga fronte a Calafell, Alpicat e Sant Just. A baixa duradeira de Pablo Cancela será a única que acuse o preparador coruñés, moi cerca de cumprir os 300 partidos oficiais no banco liceísta.

Continúa a baixa de Pablo Cancela, lesionado de ligamento cruzado

Os homes encargados de loitar polos tres puntos en Trissino serán os seguintes:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2 | 2 goles en OK Liga
  • Arnau Xaus | 3 | 8 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 5 goles en OK Liga
  • Jacobo Copa | 7 | 1 gol en OK Liga
  • Dava Torres | 8 | 2 goles en OK Liga
  • Fabri Ciocale | 9 | 3 goles en OK Liga
  • Bruno Saavedra | 13 | 1 gol en OK Liga
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol en OK Liga

Contra o líder italiano

O Trissino recibirá ó Liceo como flamante primeiro clasificado da Serie A1 italiana, aínda que por diferenza de goles. Nese sentido supera ás do Forte dei Marmi e o Amatori Lodi. Tamén acusa un partido menos, pero de momento conta todos por vitorias: seis de seis, con 18 puntos sumados sobre 18 posibles.

Imaxe: Trissino.

O equipo de Tiago Sousa é ademais o máximo realizador de toda a competición transalpina. Son 47 goles anotados en seis datas, unha media de case 8 en cada unha; e acumula 15 tantos en contra (a terceira mellor marca).

Os homes que loitarán por quedar cos tres puntos serán os seguintes, tendo que realizarse dous descartes:

  • Stefano Zampoli | Porteiro, dorsal 1
  • Bruno Sgaria | Porteiro, 10
  • Andrea Malagoli | 6 | 6 goles en Serie A1
  • Giulio Cocco | Capitán, 7 | 8 goles en Serie A1
  • Gioele Piccoli | 8 | 3 goles en Serie A1
  • Simone Ceretta | 16 | 1 gol en Serie A1
  • João Pinto | 17 | 3 goles en Serie A1
  • Andrea Fantozzi | 54
  • Reinaldo García | 57 | 2 goles en Serie A1
  • Jordi Méndez | 66 | 5 goles en Serie A1
  • Davide Gavioli | 71 | 10 goles en Serie A1
  • Alvarinho | 74 | 9 goles en Serie A1

Deixa un comentario