14 de decembro de 2023
Riazor inaugurará a competición continental do curso coa visita do OC Barcelos (xoves, 20:30h), á vez que pechará a acción do ano natural 2023.
Europa regresa a Riazor. Un pavillón acostumado ás grandes citas e que, un ano máis, será a casa do mellor hockey continental. Achégase a segunda xornada da WSE Champions League coa visita do OC Barcelos, un dos equipos máis importantes de Portugal (xoves, 20:30h).
Este importante choque de Fase de Grupos estará dirixido polos árbitros italianos Claudio Ferraro e Alfonso Rago. Poderase seguir en directo vía streaming mediante o sitio web oficial de World Skate Europe, mediante a G24 da Televisión de Galicia e desde o seu propio segundo canal de TV.
Un Liceo en busca dos primeiros puntos
O Deportivo Liceo de Juan Copa xogará o seu último partido do ano natural 2023 co obxectivo de revertir o debut recente da competición. A derrota na pista do Barcelona deixa ó equipo co casilleiro de puntos sen estrear, aínda que todavía con cinco xornadas de Fase de Grupos por diante.
A folla de ruta europea percorrida e por percorrer por parte dos verdibrancos é a seguinte:
- XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO | 8-2
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos (14 de decembro)
- XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO (11 de xaneiro)
- XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi (25 de xaneiro)
- XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO (8 de febreiro)
- XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)
En canto a efectivos, Juan Copa contará cunha lista na que todavía non entran nin Dava Torres nin Bruno Saavedra polas súas respectivas doenzas físicas. Regresa a ela o canteirán Jaime Méndez, habitual nas convocatorias do técnico coruñés:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 4 goles en OK Liga
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e un na WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 13 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles (OK Liga)
- Fran Torres | 44 | 1 gol (OK Liga)
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles (OK Liga)
- Jaime Méndez | 78
Unha vez completado este partido, Copa e os seus xogadores irán ó parón navideño e regresarán o vindeiro 7 de xaneiro. Ese domingo tocará viaxar a Noia nunha nova xornada de OK Liga (12:30h). O día 11 o destino será Italia para xogar Champions ante o Forte dei Marmi (terceira data de Fase de Grupos).
Ante o quinto clasificado de Portugal
Visitará Riazor un dos mellores equipos do país veciño, potencia mundial do hockey sobre patíns. Concretamente o quinto clasificado só por detrás de auténticos trasatlánticos como o Benfica, o Porto, o Sporting ou o Oliveirense. Con 21 puntos, o Barcelos rexistra de momento un total de seis vitorias, tres empates e dúas derrotas no Campionato Placard; con 55 goles anotados (o segundo mellor xunto ó Porto) e 23 recibidos (segunda mellor marca en solitario).
Rexistros positivos que de momento tamén copia na WSE Champions League. O seu partido de debut, como local ante o Forte, deixou un triunfo por 2-1.
O Barcelos debutou en Europa con vitoria ante o Forte dei Marmi (2-1)
O técnico Paulo Freitas chegará a terras coruñesas cos seguintes xogadores, entre os que non se atopa o arxentino Darío Giménez debido a unha lesión de longa duración:
- Conti Acevedo | Porteiro, dorsal 1
- Bruno ‘Joka’ Ferreira | Porteiro, 92
- Santi Chambella | 5
- Léo Savreux | 7 | 2 goles no Campionato Placard
- Danilo Rampulla | 10 | 9 goles no Campionato e 1 en Champions
- Daniel Oliveira ‘Poka’ | 18 | 6 goles no Campionato
- Luis Querido | 19 | 5 goles no Campionato
- Miguel Vieira ‘Vieirinha | 24 | 17 goles no Campionato e 1 en Champions
- Miguel Rocha | 44 | 10 goles no Campionato
- Álvaro Morais ‘Alvarinho’ | 74 | 15 goles no Campionato
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (19:30h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: