30 de novembro de 2023
O Deportivo Liceo regresará ó Palau Blaugrana do Barcelona para inaugurar a competición europea (xoves 30, 20:00h).
Menos dunha semana despois, o Palau Blaugrana albergará outro enfrontamento entre o Barcelona e o Deportivo Liceo. Esta vez servirá para abrir a Fase de Grupos da WSE Champions League, a máxima competición europea. Encadrados no Grupo A, comezarán para ambos un total de seis xornadas.
A primeira disputarase este xoves 30 ás 20:00h e estará arbitrada polos portugueses Rui Torres e Porfírio Fernandes. Poderase seguir en directo vía streaming mediante o sitio web oficial de World Skate Europe.
Grupos, Cuartos e Final Four para decidir ó campión
O formato da edición 23/24 será moi sinxelo. Primeiro, unha vez completadas as debidas rondas de clasificación, disputarase a mencionada Fase de Grupos. Haberá un total de catro con 16 equipos que optarán ó entorchado. Os dous primeiros dos A, B, C e D clasificaranse para os Cuartos de Final (ida e volta).
Superados os Cuartos, xogarase unha Final Four nunha sede única todavía por confirmar. As dúas semifinais e a final coronarán ó campión europeo.
A folla de ruta liceísta
O sorteo do pasado 6 de novembro enviou ó Deportivo Liceo de Juan Copa ó Grupo A xunto co Barcelona, o Barcelos (Portugal) e o Forte dei Marmi (Italia). Un total de seis probas coa seguinte orde e datas:
- XORNADA 1 | Barcelona vs. DEPORTIVO LICEO (30 de novembro)
- XORNADA 2 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelos (14 de decembro)
- XORNADA 3 | Forte dei Marmi vs. DEPORTIVO LICEO (11 de xaneiro)
- XORNADA 4 | DEPORTIVO LICEO vs. Forte dei Marmi (25 de xaneiro)
- XORNADA 5 | Barcelos vs. DEPORTIVO LICEO (8 de febreiro)
- XORNADA 6 | DEPORTIVO LICEO vs. Barcelona (29 de febreiro)
O técnico contará cos seguintes xogadores para este partido inaugural. Non entran na lista nin Bruno Saavedra (lesión) nin Guido Pellizzari (inelixible ata decembro):
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 3 goles en OK Liga
- Tomás Pereira | 4 | 3 goles en OK Liga
- César Carballeira | 5 | 12 goles en OK Liga, máximo anotador do Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 6 goles (OK Liga)
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles (OK Liga)
- Fran Torres | 44 | 1 gol (OK Liga)
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles (OK Liga)
Volta ó Palau cinco días despois
O Barcelona de Edu Castro, líder da OK Liga española, recibirá de novo ó Deportivo Liceo cos mesmos homes que o derrotaron o pasado sábado 25. Manterá as lesións do veterano Sergi Panadero e do exliceísta Matías Pascual, mentres que Pau Bargalló continuará sendo da partida para o conxunto culé.
O seu plantel, marcado recentemente pola presenza de varios xogadores do B, é o seguinte:
- Sergi Fernández | Porteiro, dorsal 10
- Carles Grau | Porteiro, 58
- Jan Curtiellas | 2
- Ignacio Alabart | 3 | 10 goles (OK Liga)
- Miquel ‘Miki’ Escala | 6
- Pau Bargalló | 8 | 2 goles (OK Liga)
- Sergi Panadero | Lesionado, dorsal 9 | 1 gol (OK Liga)
- Xavi Barroso | 26 | 4 goles (OK Liga)
- Marc Grau | 28 | 12 goles (OK Liga)
- Sergi Llorca | 44 | 5 goles (OK Liga)
- Joan Ruano | 53
- Eloi Cervera | 72 | 1 gol (OK Liga)
- João Rodrigues | 79 | 15 goles (OK Liga)
O resto de grupos
O sorteo da WSE Champions League determinou o Grupo A, pero hai outros tres que deixarán máis enfrontamentos de gran interés:
- GRUPO B | Benfica (Portugal), Reus (España), Calafell (España) e Sporting (Portugal).
- GRUPO C | Lleida (España), Porto (Portugal), Tomar (Portugal) e Trissino (Italia).
- GRUPO D | Lodi (Italia), Oliveirense (Portugal), Saint-Omer (Francia) e Valongo (Portugal).