PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE (Fase de grupos, X5) | Penúltima batalla pola Final 8

PREVIA WSE CHAMPIONS LEAGUE (Fase de grupos, X5) | Penúltima batalla pola Final 8

Lance de César Carballeira no choque da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Só restan dúas probas para loitar polo obxectivo da Final 8 e o Deportivo Liceo de Juan Copa depende de si mesmo para logralo. Non implica que ambas xornadas sexan sinxelas. A primeira delas esixirá a súa mellor versión, xa que terá lugar no Pavilhão Fidelidade do sempre forte Benfica (xoves, 22:00h de España).

Esta fase de grupos da WSE Champions League chega á súa recta final cos verdibrancos dentro dunha situación asumible. Son os actuais segundos clasificados do Grupo A con 5 puntos, precedidos polo propio Benfica (10) e perseguidos por dous rivais de enxundia que todavía teñen moito que dicir: Oliveirense (4) e Calafell (2).

A última xornada de Riazor ante o equipo de Oliveira de Azeméis (13 de abril, 21:00h), ademáis da que se aveciña, pode ser chave para determinar o pase restante.

Sito Ricart durante o encontro da primeira volta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

En resumo, a folla de ruta percorrida e por percorrer nesta aventura continental é a seguinte:

  • UD Oliveirense – Deportivo Liceo | 5-1 | Xornada 1 | 26 de xaneiro
  • Deportivo Liceo – SL Benfica | 3-3 | Xornada 2 | 9 de febreiro
  • Calafell – Deportivo Liceo | 3-4 | Xornada 3 | 23 de febreiro
  • Deportivo Liceo – Calafell | 3-4 | Xornada 4 | 9 de marzo
  • SL Benfica – Deportivo Liceo | Xornada 5 | 23 de marzo | 22:00h (España)
  • Deportivo Liceo – UD Oliveirense | Xornada 6 | 13 de abril | 21:00h

Os colexiados do partido, con streaming en directo vía europe.worldskate.tv, serán os italianos Franco Ferrari e Marco Rondina.

Sen Pol Manrubia

O descarte habitual levará nesta ocasión o nome do dorsal 7 liceísta. Tal e como ocorreu na visita do Benfica ó Pazo dos Deportes, Manrubia non poderá patinar ó ser un xogador a préstamo do propio club portugués.

Si viaxarán a Lisboa os seguintes homes: Martí Serra, Mati Bridge, Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale, Arnau Canal, Àlex Rodríguez e Fran Torres.

Loita na pista dunha potencia mundial

Falar do Benfica é facelo dun dos mellores equipos do mundo, senón o mellor. Líder de todo, encabeza tanto o Grupo A da WSE Champions League como unha liga doméstica repleta doutras potencias globais.

O Benfica é líder tanto no seu grupo europeo como na competición doméstica

O conxunto dirixido por Nuno Resense avantaxa en cinco puntos ó Sporting, en nove ó Barcelos e en doce ó FC Porto dentro dunha competición que domina case por completo. Logrouno, entre outros motivos, grazas a grandes xogadores entre os que se atopan varios exliceístas: Roberto Di Benedetto, Pablo Álvarez, Lucas Ordóñez ou Edu Lamas.

O choque da primeira volta estivo a dous minutos de deixar unha remontada para a lembranza. Riazor viu adiantarse por 0-2 ó Benfica e, posteriormente, un 3-2 só convertido en 3-3 por Nil Roca.

Deixa un comentario