O Pazo dos Deportes vestirase hoxe de gala europea por primeira vez en 2023. A das 21:00h é a hora marcada para que Deportivo Liceo e Benfica se enfronten na segunda proba da WSE Champions League.
É un inicio de fase de grupos dispar para ambos, xa que os verdibrancos non conseguiron sumar na súa visita ó Oliveirense (5-1) e os lusos si triunfaron en casa ante o Calafell (5-3). O Grupo A, polo tanto, deixa un provisional dominio portugués co Benfica como segundo clasificado do mesmo por diferenza de goles. Os dous conxuntos de España continúan co seu casilleiro aínda sen estrear.
O Deportivo Liceo estreou a competición cunha derrota na pista do Oliveirense
O camiño percorrido e por percorrer do Deportivo Liceo nesta fase de grupos, con todavía moito que determinar, é o seguinte:
- UD Oliveirense – Deportivo Liceo (5-1)| Xornada 1
- Deportivo Liceo – SL Benfica | Xornada 2 | 9 de febreiro | 21:00h
- Calafell – Deportivo Liceo | Xornada 3 | 23 de febreiro | 20:30h
- Deportivo Liceo – Calafell | Xornada 4 | 9 de marzo | 21:00h
- SL Benfica – Deportivo Liceo | Xornada 5 | 23 de marzo | 21:00h (España)
- Deportivo Liceo – UD Oliveirense | Xornada 6 | 13 de abril | 21:00h
Este partido poderase seguir en directo vía streaming grazas a europe.worldskate.tv, ademáis de pola TVG2.
Unha vez concluida a proba, o Deportivo Liceo deberá poñer a mente na visita do Noia deste mesmo sábado (18:00h, OK Liga). Os Liceístas que non sexan socios e abonados poderán asistir a ambos choques por tan só 7€ mediante o seguinte link de Cluber.
Reto ante o mellor de Portugal
A dificultade deste obstáculo será maiúscula para o cadro de Juan Copa, xa que chegará á Coruña o actual líder do campionato portugués.
O Benfica de Nuno Resende suma 42 puntos, catro máis có Sporting (ó que recentemente venceu a domicilio) e có Porto, dúas das outras potencias nacionais. Conta cun rexistro de 14 vitorias e dúas derrotas, así como a honra de ser o equipo menos goleador (27 tantos).
É tamén un nido de exliceístas como Roberto Di Benedetto (campión da OK Liga 21/22), Edu Lamas ou Pablo Álvarez.
Baixa de Pol Manrubia
O Deportivo Liceo non poderá contar para este partido con Pol Manrubia, xogador actualmente en préstamo polo propio Benfica. Polo tanto, Fran Torres ‘Tomba’ entra na lista para completala.
A convocatoria queda composta, pois, por Martí Serra, Mati Bridge, Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale, Àlex Rodríguez, Arnau Canal e o propio Fran Torres.