En pleno estado de ledicia, outra proba importante. O Deportivo Liceo recibirá o domingo ó Cerdanyola (Pazo dos Deportes, 17:00h) despois de dar dous golpes importantes a colosos da OK Liga Feminina: o Manlleu e o Telecable. Toda unha declaración de intencións baseada en traballo, sacrificio e mérito.
Son únicamente dous dos últimos cinco triunfos consecutivos do conxunto verdibranco, sen dúbida no seu mellor momento do curso. Iso din a súa sétima posición e os seus 25 puntos, uns rexistros que xa chaman á porta da zona noble da clasificación. Este novo compromiso, sen embargo, non será precisamente sinxelo.
Un Cerdanyola perigoso
Fronte ó Deportivo Liceo estará o Cerdanyola, actual quinto posicionado da OK Liga Feminina con 31 unidades. Un equipo que xa sabe o que é vencer contra o cadro do Pazo dos Deportes, posto que na primeira volta gañou -aínda que axustadamente- por 3-2.
O duelo da primeira volta saldouse con vitoria local por 3-2
As xogadoras dirixidas por Daniel Setién son, se vale a expresión, as primeiras mortais da táboa. Colleitaron dez vitorias, un empate e cinco derrotas que lles colocaron xustro detrás do inalcanzable top 4 formado por Manlleu, Telecable, Vila-sana e Palau.
Dúas baixas na lista
Stanis García intentará aumentar a racha de vitorias a seis coas seguintes xogadoras: Viki Caretta, Mencía Mosquera, Adriana Soto, María Sanjurjo, Alba Garrote, Luchy Paz, Ale Martín, Cris Diz, Lara Yáñez e Lucía Yáñez.
Bea Gaete e Naiara Vaamonde non poderán saír á pista debido a sendos problemas físicos.
Como ir ó Pazo dos Deportes?
Por 5€, ou incluso de xeito gratuito, tódolos liceístas que o desexen poderán asistir a Riazor para disfrutar deste partido. Os socios do Deportivo Liceo entrarán ensinando o seu carnet dixital. Para o resto organizáronse dous escenarios de adquisición.
No primeiro deles, adicado ós abonados do Real Club Deportivo, haberá 500 pases gratuitos dispoñibles. Non existirá máis custo que o tempo adicado á xestión, a levar a cabo mediante o seguinte link de CLUBER:
No momento da chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.
Para rematar, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 5€. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de CLUBER:
Normativa sanitaria de acceso
Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:
- Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
- Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
- Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.