16 de novembro de 2024
Arnau Xaus, ex do Calafell, remata ante Elagi Deitg no pasado Liceo-Sant Just. IMAXE: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo de Juan Copa regresará este domingo a Riazor (12:00h) tras acumular dous triunfos seguidos na Fase Regular.
Riazor pode ser o escenario da terceira vitoria consecutiva. Por iso loitará o Deportivo Liceo de Juan Copa, un equipo xa inmerso dentro dun esixente calendario. A seguinte proba será este domingo ás 12:00h co Calafell como rival, un dos conxuntos máis perigosos da OK Liga.
Esta oitava xornada da Fase Regular estará dirixida polos árbitros David Cantos Bonales e Alberto Pérez Pérez, con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar. Un exame para o que todavía quedan entradas á venda: poderanse conseguir tanto nas taquillas do Pazo dos Deportes como neste enlace (7€).
Europa ó fondo
O triunfo ante o Alpicat (1-5) puxo fin a unha semana de partido intersemanal, valga a redundancia, pero avecíñanse dúas seguidas máis. O camiño do Liceo, agora cuarto clasificado con 12 puntos, recrudécese coa chegada da WSE Champions League 24/25.
Tras xogar contra o Calafell debutará na competición europea viaxando a Trissino (xoves 21), posteriormente irá a Noia (domingo 24, OK Liga) e volverá á acción continental recibindo ó Oliveirense (xoves 28).
Lista sen cambios
Centrándose no paso a paso, Juan Copa planifica a visita do Calafell cos mesmos dez homes que conforman habitualmente as listas de convocados. Continúa irremediablemente a baixa de Pablo Cancela, e así permanecerá durante varios meses debido á súa lesión de ligamento cruzado.
O Liceo debutará en Champions dentro de menos dunha semana, o que cargará máis o calendario
Os xogadores que loitarán contra o conxunto de Guillem Cabestany serán os seguintes, así como as súas estatísticas goleadoras ata o momento:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2 | 2 goles
- Arnau Xaus | 3 | 5 goles, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 4 goles
- Jacobo Copa | 7
- Dava Torres | 8 | 2 goles
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles
- Bruno Saavedra | 13
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol
Un rival poderoso
A man de Cabestany no Calafell nótase desde o principio. O exseleccionador español, campión do mundo, impregnou as súas ideas con éxito. Iso din de momento os resultados colleitados ata o de agora: catro vitorias, un empate e dúas derrotas en sete partidos. Dous destes últimos, sen embargo, ocorreron nos dous encontros máis recentes; polo que a viaxe a Riazor será unha oportunidade para terminar con esa mala racha.
O cadro catalán é actualmente o terceiro clasificado da Fase Regular por detrás do Reus e o Barcelona, aínda que pertenece a unha zona caracterizada por unha gran igualdade: só tres puntos separan ó segundo do sétimo.
Os xogadores que viaxarán a Galicia para loitar polos tres puntos serán os seguintes:
- Gerard Camps | Porteiro, dorsal 10
- Josep Virgili | Porteiro, 82
- Joan Escala | 6 | 2 goles
- Jerónimo García | 8 | 1 gol
- Jepi Selva | 29 | 2 goles
- Sergi Miras | Capitán, 55 | 2 goles
- Carles Domenech | 66 | 6 goles
- Aleix Marimon | 74 | 7 goles
- Joaquín Olmos | 77 | 2 goles
- Sergi Folguera | 83 | 4 goles