PREVIA OK LIGA 24/25 (X6) | Facerse forte na casa

PREVIA OK LIGA 24/25 (X6) | Facerse forte na casa

9 de novembro de 2024


O Deportivo Liceo regresará a Riazor este domingo para recibir ó Sant Just (12:00h).

Ante unha mala racha, unha volta a casa. O Deportivo Liceo de Juan Copa terá a oportunidade este domingo (12:00h) de regresar ós bos resultados, aínda que un forte Sant Just chegará a Riazor para tratar de impedilo. Esa será a intrahistoria da sexta xornada desta Fase Regular.

Unha nova data da OK Liga 24/25 entre os do Pazo e os da Bonaigua que estará dirixida polos árbitros Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez, con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar. As entradas para público xeral estarán á venda nas taquillas do recinto desde as 11:00h, aínda que xa se atopan dispoñibles de forma online grazas á plataforma CLUBER.

Revertir a situación

O Liceo afrontará esta nova proba como outra oportunidade para sumar unha vitoria. Non chegou nos últimos tres partidos, que contrariamente deixaron sendas derrotas contra o Vic, o Barça e o Igualada. Un cóctel que de momento deixa ós verdibrancos na oitava praza da clasificación, aínda que con moitas datas por diante para subir.

O míster Juan Copa confía ó 100% en que o equipo sairá hacia diante; á vez que continúa unindo as pezas tras un novo verán de cambios: “Estamos para caer e levantarnos, ese é o noso sino. Estamos adestrando ben. Necesitamos gañar porque non hai mellor medicina que esa e iso intentaremos ante a nosa xente. Creo que o equipo ten todavía moita marxe de mellora individual pero tamén colectiva”.

Lista sen cambios

O preparador coruñés contará para este encontro cos mesmos dez xogadores das anteriores listas. Segue sen estar dispoñible Pablo Cancela, convalecente dunha recuperación de ligamentos que lle manterá varios meses apartado.

Pablo Cancela continuará de baixa durante varios meses

Os homes que buscarán sumar de tres contra o Sant Just serán os seguintes, así como as súas estadísticas de goles ata agora:

  • Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
  • Martí Serra | Porteiro, 10
  • Nil Cervera | 2
  • Arnau Xaus | 3 | 5 goles, máximo anotador do Liceo
  • César Carballeira | 5 | 3 goles
  • Jacobo Copa | 7
  • Dava Torres | 8 | 1 gol
  • Fabri Ciocale | 9 | 1 gol
  • Bruno Saavedra | 13
  • Tato Ferruccio | 77 | 1 gol

Un Sant Just en boa dinámica

Mia Ordeig fixo do equipo amarelo un dos elementos a ter máis en conta dentro da OK Liga. Protagonistas xa dun excelente curso 23/24, no 24/25 van polo mesmo camiño: son actualmente os quintos clasificados da Fase Regular e xa se asentaron na parte alta a pesar de ser só o seu segundo ano consecutivo na élite tralo ascenso. Son dúas vitorias, un empate e dúas derrotas que serven para sumar sete puntos.

Nas filas do Sant Just milita un recente exliceísta como Sito Ricart, portador do dorsal 8. Regresará a Riazor só uns poucos meses despois de finalizar a súa etapa como verdibranco.

Foto: Sandra Brull.

Os xogadores -con el incluido- que viaxarán a Galicia para intentar vencer son os seguintes:

  • Elagi Deitg | Porteiro, dorsal 1
  • Dídac Sánchez | Porteiro, 13
  • Xavi Crespo | 2 | 2 goles
  • Borja López | Capitán, 3
  • Álex Joseph | 4 | 1 gol
  • Xavi Burguillos | 7 | 2 goles
  • Sito Ricart | 8 | 1 gol
  • Joan Pujalte | 33 | 6 goles
  • Iñaki Cabezas | 70 | 2 goles
  • Gerard Miquel | 77

Deixa un comentario