26 de outubro de 2024
Arnau Xaus e Ignacio Alabart loitan por unha bóla durante o Clásico da Supercopa. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo e o Barcelona enfrontaranse este domingo (12:00h) por segunda vez no que vai de mes.
Riazor vivirá o domingo un novo Clásico. O Deportivo Liceo e o Barcelona enfrontaranse ás 12:00h por segunda vez no que vai de mes de outubro, aínda que esta o que haberá en xogo serán tres puntos para a OK Liga. Dous dos mellores equipos do mundo que asegurarán espectáculo na pista do Pazo.
Esta cuarta xornada da Fase Regular estará dirixida polos árbitros Miguel Díaz Cosme e Pablo Nicieza Elosegui, con Francisco José Martínez Suárez como auxiliar. Poderase ver en directo a través de varias opcións: TVG (segunda canle de TV e A Galega), Hockey Global e OK Liga TV (canle de YouTube).
Regresar ó camiño do triunfo
Juan Copa e os seus xogadores afrontan o partido tras non poder sumar na visita ó Vic. Os outros dous disputados ata agora, sen embargo, terminaron con sendas vitorias en Lleida e en Riazor (vs. Alcoi).
O Deportivo Liceo suma actualmente seis puntos de nove posibles
Son seis puntos sobre nove posibles que colocan agora mesmo ó Deportivo Liceo na quinta posición da Fase Regular, empatado tanto co cuarto (Noia) como co terceiro (Sant Just). Só manteñen o pleno de triunfos o Calafell e o propio Barcelona.
Dez xogadores para loitar polos tres puntos
Juan Copa poderá contar con todo o seu plantel menos Pablo Cancela, inmerso na recuperación do seu xeonllo e que permanecerá varios meses de baixa. Eses efectivos e a aprendizaxe do Clásico da Supercopa serán as armas do técnico coruñés para loitar por tres novos puntos: “Nese partido fixemos cousas ben e logo teremos que mellorar algunha situación visionando vídeos. Competiremos durante os 50 minutos”.
Os homes que sairán á pista de Riazor para enfrontarse ó Barça serán os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2
- Arnau Xaus | 3 | 5 goles, máximo anotador do Liceo
- César Carballeira | 5 | 1 gol
- Jacobo Copa | 7
- Dava Torres | 8 | 1 gol
- Fabri Ciocale | 9 | 1 gol
- Bruno Saavedra | 13
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol
Un Barcelona con pezas novas
O Barcelona afronta esta nova tempada cun cambio importante no banco. O seu responsable principal xa non é Edu Castro, senón David Cáceres, que de momento logrou alzar a Supercopa de España que abriu o curso 24/25.
Tamén hai caras novas no plantel de xogadores como as incorporacións de Sergi Aragonès ou Ferran Font, ademais do regreso do veterano Pablo Álvarez. Matías Pascual tamén volve estar dispoñible despois de superar a grave lesión que o mantivo como baixa de longa duración.
Á posible convocatoria tamén volve Xavi Barroso, fóra das pistas durante este inicio de tempada pero que xa superou a súa lesión. Polo tanto, da seguinte lista de once xogadores deberá realizarse un descarte:
- Sergi Fernández | Porteiro, dorsal 10
- Carles Grau | Porteiro, 58
- Ignacio Alabart | 3 | 4 goles
- Matías Pascual | 4 | 1 gol
- Xavi Barroso | 6
- Pablo Álvarez | 7 | 3 goles
- Ferran Font | 24 | 5 goles
- Marc Grau | 28 | 1 gol
- Sergi Llorca | 44 | 4 goles
- Sergi Aragonès | 55
- Eloi Cervera | 72