19 de outubro de 2024
O Liceo buscará pechar unha semana óptima na casa do recén ascendido Vic (sábado, 19:30h).
O Pavelló Olímpic de Vic volve a ser de OK Liga. Un escenario de luxo para celebrar unha nova xornada de Fase Regular. O Deportivo Liceo de Juan Copa, inmerso na primeira expedición do curso por Cataluña, deberá visitar a cancha dun histórico para tratar de pechar unha semana perfecta de nove puntos (sábado 19, 19:30h).
Esta terceira data estará dirixida polos árbitros Oriol Escobar López e Oriol Garriga Mas, con Óscar Vílchez Cacho como auxiliar. Como é habitual, a canle de YouTube de OK Liga TV retransmitirá en directo e de balde a totalidade do encontro.
Unha clasificación que vai tomando forma
Se trala xornada inaugural só cinco equipos foron quen de gañar, agora son tres os que manteñen un ritmo perfecto de puntuación. Entre eles está o Deportivo Liceo, situado agora mesmo na terceira posición por diferenza de goles. Son seis unidades sobre seis posibles e en Vic loitarase por aumentalas a nove.
Non será tarea sinxela. Juan Copa, técnico dos verdibrancos, espera a un rival realmente perigoso: “É un equipo históricamente moi grande e creo que a súa volta á máxima categoría é unha boa nova para o hockey. Reforzáronse ben, van defender mellor e a buscar o contragolpe”.
Podes ver a totalidade da rolda de prensa na nosa canle de YouTube.
Sen novidades na lista
Para intentar contrarrestar as armas do conxunto dirixido por Ramon Pardo, Copa contará cos xogadores que xa se atopan en terras catalás desde fai varios días. Segue sen estar entre eles Pablo Cancela, recén operado da súa lesión de ligamento cruzado.
Arnau Xaus é o actual pichichi da OK Liga grazas ós seus cinco goles
Os dez homes que sairán ó Pavelló Olímpic serán os mesmos que lograron vencer por 4-6 na complicada pista do Lleida, así como triunfar en Riazor fronte ó PAS Alcoi:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2
- Arnau Xaus | 3 | 5 goles, autor de catro en Lleida
- César Carballeira | 5
- Jacobo Copa | 7
- Dava Torres | 8 | 1 gol
- Fabri Ciocale | 9 | 1 gol
- Bruno Saavedra | 13
- Tato Ferruccio | 77 | 1 gol
Trala visita ó Pavelló Olímpic, o Deportivo Liceo deberá recibir ó Barcelona no segundo clásico do mes (domingo 27, 12:00h).
A volta dun equipo histórico
O Vic logrou sacar a cabeza dunha crisis institucional e deportiva que o privou da máxima categoría do hockey nacional. Poseedor de non poucos títulos nacionais, a disciplina liderada agora por Ramon Pardo busca asentarse de novo na OK Liga.
O seu comenzo, aínda así, non foi o mellor. As súas dúas primeiras probas acabaron con derrotas: 0-4 contra o Lleida no Pavelló e 4-1 en Noia. O casilleiro catalán segue todavía sen estrear, aínda que na visita do Liceo terán unha nova oportunidade para facelo.
Estes son os xogadores que defenden ó Vic no seu regreso á elite e que loitarán por vencer nesta terceira xornada de Fase Regular:
- Ernest Burgaya | Porteiro, dorsal 10
- Xavi Puigbí | Porteiro, 16
- Albert Benito | 5
- Oriol Vives | 6
- Gerard Rovira | 7
- Arnau Parcerisas | 8
- Oriol Ramírez | Capitán, 13
- Roger Font | 25 | 1 gol
- Carles Sánchez ‘Litus’ | 27
- Víctor Crespo | 37