16 de outubro de 2024
O Liceo de Juan Copa visitará Lleida (mércores 16, 20:30h) só uns días antes de facer o propio en Vic.
A primeira proba intersemanal chega na segunda xornada. A OK Liga 24/25 non para unha vez inaugurada a pasada fin de semana e esta vez continuará para o Liceo coa primeira visita a Cataluña. O Onze de Setembre de Lleida será o recinto onde os homes de Juan Copa loitarán por outros tres puntos (mércores 16, 20:30h).
A segunda data de Fase Regular estará dirixida polos árbitros Josep Antoni Ribo Navarro e Ariel Morisio, con Alan Navarro Mir como auxiliar. Como é habitual, o duelo será retransmitido en directo e de balde na canle de YouTube de OK Liga TV.
Dous choques como visitante en moi poucos días
A de Lleida non será a única visita desta viaxe. O sábado ás 19:30h haberá un novo compromiso na casa do recén ascendido Vic, polo que a expedición liceísta permanecerá en terras catalás unha vez completada a xornada no Onze de Setembre.
O Deportivo Liceo é un dos cinco equipos que lograron vencer na xornada inicial
No horizonte está a oportunidade de medrar na clasificación e darlle continuidade ó meritorio triunfo logrado en Riazor ante o PAS Alcoi (2-1). O Deportivo Liceo é un dos únicos 5 equipos que foron capaces de sumar de tres na data inaugural ademais do Calafell, o propio Lleida, o Sant Just e o Barcelona.
Ó ser os verdibrancos os poseedores da peor diferenza de goles, actualmente ocupan a quinta posición da táboa.
Os mesmos que superaron ó Alcoi
Juan Copa contará para esta viaxe de dous partidos coa mesma expedición que venceu o pasado domingo. Segue e seguirá durante varios meses a ausencia de Pablo Cancela, recén operado da súa doenza no ligamento cruzado do xeonllo.
Os dez xogadores que viaxan xunto ó corpo técnico son os seguintes:
- Martín Rodríguez | Porteiro, dorsal 1
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Nil Cervera | 2
- Arnau Xaus | 3 | 1 gol
- César Carballeira | 5
- Jacobo Copa | 7
- Dava Torres | 8
- Fabri Ciocale | 9 | 1 gol
- Bruno Saavedra | 13
- Tato Ferruccio | 77
O forte Lleida dun vello coñecido
O equipo de Edu Amat parte como un dos da OK Liga con máis cousas que dicir. O seu comezo fai gala diso: unha vitoria contundente por 0-4 na complicada casa do mencionado Vic.
Todo iso a pesar de sufrir a baixa de Sergi Duch, que permanecerá fóra das pistas durante varias semanas. Un incidente que deixa a nove xogadores que de momento rendiron de forma óptima e entre os que se atopa Fran Torres, o arxentino cedido polo propio Liceo. Xa foi titular na xornada inicial. Tamén co dorsal 44, ‘Tombita’ poderá participar neste partido ó non aplicarse ningún tipo de “cláusula do medo”.
Os encargados de loitar polos puntos ante o Deportivo Liceo serán os seguintes, así como as súas estadísticas goleadoras ata o momento:
- Martí Zapater | Porteiro, dorsal 10
- Javi Sánchez | Porteiro, 60
- Nuno Paiva | 5
- Darío Giménez | 6
- Antonio Miguélez | 7 | 1 gol
- Sebas Moncusí | 9 | 1 gol
- Fran Torres ‘Tombita’ | 44
- Nico Ojeda | 55 | 2 goles
- Jordi Badia | 63