PREVIA OK LIGA 23/24 (X7) | Mellorar lonxe de casa

PREVIA OK LIGA 23/24 (X7) | Mellorar lonxe de casa

11 de novembro de 2023


O Deportivo Liceo chegará ó Municipal Onze de Setembre co obxectivo de sumar os seus primeiros puntos como visitante.

Nova xornada de OK Liga e con horario de estrea. Este domingo 12 ás 12:00h, o Municipal Onze de Setembre recibirá a un Deportivo Liceo con ganas de revertir a súa racha fóra de Riazor. Tratará de impedilo o Lleida, que vive nun completo estado de felicidade trala súa recente clasificación para a WSE Champions League.

O partido estará dirixido por Raúl Burgos Manotas e Oriol Garriga Mas, con Guim Teixidó Pérez como árbitro auxiliar. Estará retransmitido, como é habitual, pola canle de YouTube de OK Liga TV (streaming en directo e gratuíto).

Lesión de Fran Torres e lista de oito xogadores

A convocatoria do técnico Juan Copa estará marcada por un incidente de última hora: a lesión de Fran Torres ‘Tombita’, aqueixado dunha fractura no nariz producida nun adestramento. O xogador liceísta xa superou con éxito a lóxica operación, realizada no Hospital Quirónsalud.

Tampouco está en disposición de xogar a nova fichaxe liceísta Guido Rodríguez, que só poderá empezar a competir unha vez se abra o mercado de xaneiro. Esto será dentro dun mes.

Polo tanto, os homes que viaxarán a terras catalanas serán os seguintes:

  • Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
  • Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
  • Sito Ricart | 2 | 2 goles
  • Tomás Pereira | 4 | 3 goles
  • César Carballeira | 5 | 7 goles
  • Dava Torres | Capitán, 8 | 3 goles
  • Fabri Ciocale | 9 | 4 goles
  • Pablo Cancela | 74 | 6 goles

Un Liceo contra os obstáculos e en busca do equilibrio

O verdibranco é un equipo que conta con dúas caras moi diferenciadas: a de casa e a de fóra. Mentres a primeira ofreceu un pleno de vitorias, a segunda todavía non logrou sumar. A visita a Lleida ten como gran obxectivo atopar o equilibrio entre ambas.

Actualmente o Deportivo Liceo conta cun total de nove puntos, 26 goles a favor (o segundo equipo máis realizador) e 20 en contra. Empata a unidades co Calafell e están por enriba o Noia (11), o Sant Just (13) e o Barcelona (16).

Un Lleida perigoso pero cargado

O conxunto dirixido por Edu Amat conta cun gran reto por diante, e é recuperarse dunha carga importante de partidos. Estes, sen embargo, deixaron grandes novas: a súa clasificación para a Fase de Grupos da WSE Champions League.

A vitoria do Lleida sobre o Noisy (4-1) significou a súa clasificación para a WSE Champions League. IMAXE: MARIO GASCÓN.

Este éxito da pasada fin de semana provocou a disputa o mércores da súa sexta xornada de OK Liga, esta vez con novas negativas en forma de derrota. Visitou o pavillón do Sant Just e non logrou sumar (3-2). O conxunto catalán é o actual undécimo clasificado da competición nacional tras seis puntos sumados froito dun triunfo, tres empates e dúas derrotas. Son 17 goles a favor e 19 en contra.

O plantel completo do Lleida é o seguinte:

  • Martí Zapater | Porteiro, dorsal 10
  • Javi Sánchez | Porteiro, 60
  • Nuno Paiva | 5 | 9 goles
  • Julián Martínez | 6
  • Sebas Moncusí | 9 | 1 gol
  • Sergi Duch | 22
  • Xavi Aragonès | 26
  • Nico Ojeda | 55 | 2 goles
  • Jordi Badia | 63
  • Sergi Folguera | 83 | 5 goles

Deixa un comentario