4 de novembro de 2023
O Deportivo Liceo volverá hoxe a Riazor, onde recibirá ó Caldes (18:00h).
Despois de dous partidos como visitante, a Juan Copa e ós seus xogadores tocaralles volver a casa. O Pazo dos Deportes de Riazor volverase a atopar cos seus no partido que enfrontará ó Deportivo Liceo co Caldes, correspondente á sexta xornada da fase regular da OK Liga (18:00h).
Este encontro estará dirixido por Daniel Villar Costa e Nicolás Morandeira Sánchez, con Diego Garrido Areas como auxiliar. Como sempre, poderase seguir en directo a través de Hockey Global e OK Liga TV.
Sobrepoñerse á dificultade
En palabras do capitán Dava Torres, protagonista estes días no diario La Opinión, “o Liceo sempre foi quen de converter as duras en maduras”. A nova xornada que se aveciña é outra oportunidade para demostralo de novo.
O Liceo é actualmente oitavo con seis puntos
Actualmente, con cinco xornadas disputadas, o Liceo ocupa a oitava posición da clasificación con seis puntos. Dúas vitorias (todas en casa) e tres derrotas (todas como visitante). O equipo, marcado últimamente polas lesións, sairá a patinar despois de sufrir dous traspés nas pistas do Sant Just e do Mataró. Farano na pista que de momento gozou dun Liceo impecable, con vitorias ante Igualada (6-1) e Rivas (8-2).
Lista de nove xogadores
Bruno Saavedra, unha das importantes baixas do cadro de Juan Copa, todavía continuará en recuperación durante uns meses despois de sufrir unha lesión de escafoides. Por outra parte, Dava Torres xa está totalmente recuperado das molestias físicas que acusou durante os últimos 30 días.
A convocatoria de nove homes será a seguinte:
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 1 gol
- Tomás Pereira | 4
- César Carballeira | 5 | 2 goles
- Dava Torres | Capitán, 8 | 1 gol
- Fabri Ciocale | 9
- Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 1 gol
- Pablo Cancela | 74 | 3 goles
Un Caldes de bo rendemento
Eduard Candami e o seu Caldes xa son un clásico da OK Liga. Neste novo ano, polo de agora, demostran ser un conxunto con bos números fóra do seu Pavelló: un empate na complicada pista do Igualada (2-2) e unha vitoria na casa do Hockey Rivas (2-3). Permanecen invictos.
O rendemento global coloca a este Caldes na sexta praza grazas a sete puntos sumados: dúas vitorias, un empate e dúas derrotas con doce goles a favor e trece en contra.
Os xogadores que viaxarán á Coruña serán os seguintes:
- Arnau Martínez | Porteiro, 1
- Jordi Pons | Porteiro, 10
- Pol Galbas | 5
- Roger Presas | 9 | 3 goles
- Pau Cardona | 14
- Biel Pujadas | 47 | 3 goles
- Marcos Blanqué | 55 | 1 gol
- Xavi Gurri | 57
- Adrià Ballart | 72 | 3 goles
- Marc González | 79 | 2 goles
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta nos últimos días con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran con unha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: