21 de outubro de 2023
O Deportivo Liceo presentarase na Bonaigua para enfrontarse a un dos recén ascendidos á OK Liga, protagonista dun moi bo arranque (sábado 21, 20:00h, OK Liga TV).
Tocan dous partidos seguidos como visitante e o primeiro será en Sant Just. Ata alí viaxará o Deportivo Liceo para enfrontarse ó equipo do mesmo nome. A xornada 4 da OK Liga 23/24 chega para Juan Copa e os seus xogadores, mentalizados ó cen por cen para loitar polo primeiro triunfo fóra de Riazor (sábado 21, 20:00h).
O encontro estará arbitrado por Albert Barba Gómez-Álvarez e Oriol Pérez Claramunt; con Guillem Mayas Cadena como auxiliar. Como sempre, estará retransmitido en directo e totalmente de balde a través de OK Liga TV (canle de YouTube).
Superado este compromiso, a expedición verdibranca deberá prepararse para un novo desprazamento. Esta vez será con destino Mataró para enfrontarse, por terceira semana consecutiva, a un recén ascendido á máxima categoría (sábado 28, 20:30h).
Todavía sen Bruno Saavedra para unha lista de nove xogadores
Juan Copa continúa sen poder contar con Bruno Saavedra, recén operado con éxito da súa lesión de escafoides. O seu regreso ás pistas estímase para dentro dun mes e medio ou dous meses.
Polo tanto, a convocatoria do Deportivo Liceo para a visita a La Bonaigua é a seguinte:
- Martí Serra | Porteiro, 1
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 1 gol
- Tomás Pereira | 4 | 1 gol
- César Carballeira | 5 | 4 goles
- Dava Torres | Capitán, 8 | 1 gol
- Fabri Ciocale | 9 | 3 goles
- Fran Torres ‘Tombita’ | 44 | 1 gol
- Pablo Cancela | 74 | 5 goles, terceiro máximo anotador da OK Liga
En busca dos primeiros puntos como visitante
A viaxe a Sant Just Desvern (localidade natal do liceísta Sito Ricart) ofreceralle ó Liceo unha nova oportunidade de sumar de tres lonxe do Pazo dos Deportes. A única saída, con destino ó Joan Ortoll de Calafell, rematou cunha axustada derrota por 3-2 na que o equipo buscou o empate ata o último segundo.
Non ocorre o mesmo dentro de Riazor, unha pista que de momento conta os partidos por vitorias. Os xogadores dirixidos por Juan Copa venceron tanto na data inaugural (6-1 ante o Igualada) como na terceira desta fase regular (8-2 contra o Hockey Rivas).
En total, e aínda que a clasificación todavía conta con certo carácter anecdótico debido ós poucos partidos disputados, o Deportivo Liceo ocupa a cuarta posición con seis puntos de nove posibles. Un dos tres conxuntos con mellor arranque é precisamente o Sant Just, a pesar da súa condición de recén ascendido.
Comezo excelso dun dos recén chegados
Os homes de Josep María Ordeig son unha das grandes sorpresas deste inicio de OK Liga. O seu notable comezo de competición aúpalles a toda unha segunda posición da táboa clasificatoria con sete unidades sobre nove posibles.
O conxunto catalán permanece invicto tras un empate (3-3 ante un Calafell que igualou in extremis) e dous triunfos (2-3 ante o Rivas e 3-5 fronte ó Mataró, ambas como visitante). Artífice importante destes resultados é Cristian Rodríguez, actual máximo realizador da competición con sete dianas.
O plantel do Sant Just é o seguinte:
- Elagi Deitg | Porteiro, dorsal 1
- Dídac Sánchez | Porteiro, 13
- Xavi Crespo | 2 | 1 gol
- Arnau Saladrigues | 5
- Cristian Rodríguez | 9 | 7 goles, pichichi da OK Liga
- Pol Macià | 17
- Joan Pujalte | 33 | 3 goles
- Edu Fernández | 66
- Iñaki Cabezas | 70
- Gerard Miquel | 77