19 de abril de 2024
O equipo de Juan Copa, xa clasificado matemáticamente para loitar polo título, recibirá en Riazor ó Voltregà (sábado 20, 17:00h).
Só quedan tres pasos antes de que comece o bo. O playoff polo título da OK Liga achégase cada vez máis, aínda que antes de afrontalo haberá que loitar en varias probas. Delas dependerá a posición clasificatoria na que se parta. A primeira consistirá na visita do Voltregà ó Pazo dos Deportes de Riazor (sábado 20, 17:00h).
Este partido da 24º xornada estará dirixido por Miguel Díaz Cosme e Pablo Nicieza Elosegui, con Francisco José Martínez Suárez como árbitro auxiliar. Serán os encargados de impartir xustiza nun encontro ó que tódolos Liceístas que o desexen, en caso de non ser nin socios nin abonados, poderán acudir por tan só 5€.
Todos convocados, incluido Bruno Saavedra
Juan Copa poderá contar para este duelo coa totalidade do seu plantel. Iso inclúe a Bruno Saavedra, totalmente recuperado da lesión que o mantivo no dique seco durante varios meses.
Bruno Saavedra podería regresar este sábado ás pistas tras varios meses de lesión
Os once xogadores do Deportivo Liceo estarán a disposición do técnico coruñés, aínda que un deles deberá ser descartado:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 7 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 26 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 21 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
- Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- Bruno Saavedra | 13
- Fran Torres | 44 | 4 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
- Guido Pellizzari | 54 | 1 gol en OK Liga
- Pablo Cancela | 74 | 9 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
O elixido para permanecer fóra da lista coñecerase na previa do partido.
Recta final da Fase Regular
O duelo ante o Voltregà será o primeiro dos tres restantes deste sector inicial de OK Liga. Xa sen paróns de por medio, o Deportivo Liceo deberá enfrontarse tamén ó Alcoi na súa pista (domingo 28, 18:30h) e ó Noia na Coruña para pechar a Fase Regular (domingo 5, 12:00h).
Tras este partido, o Liceo deberá enfrontarse ó Alcoi (fóra) e ó Noia (casa)
Os resultados destas probas determinarán a posición definitiva do Liceo para afrontar o playoff. Actualmente é terceiro con 41 puntos, seis menos có mencionado Noia (segundo con 47) e cinco máis có Reus e o propio Voltregà (ambos con 36). A primeira praza xa pertenece ó Barcelona de xeito matemático.
Un Voltregà con grandes cambios
O parón da pasada fin de semana debeuse á Final Four da WSE Cup (antiga CERS), co Voltregà como participante. A súa derrota en semifinais non só significou a eliminación, senón tamén o cambio total dentro do banquiño. Jefa Rovira debutará no Pazo dos Deportes como o novo adestrador do conxunto branquiazul.
Dentro da competición doméstica, e como se apuntou anteriormente, o Voltregà é quinto clasificado con 36 unidades. A súa loita por entrar no playoff continúa intacta, polo que a Riazor chegará un equipo con moito en xogo. Del forman parte, ademais, dous exliceístas campións de OK Liga: Àlex Rodríguez e Jordi Burgaya, que regresarán ó Pazo.
O plantel completo que agora dirixe Rovira é o seguinte:
- Miquel Estrada | Porteiro, dorsal 1
- Oriol Codony | Porteiro, 96
- Èric Vargas | 3 | 8 goles en OK Liga
- Lluc Sitjà | 5
- Dídac Alonso | 6 | 1 gol en OK Liga
- Jordi Burgaya | 7 | 23 goles en OK Liga
- Xavi Armengol | 8
- Aleix Molas | 9 | 7 goles en OK Liga
- Humbert Serra | 11 | 1 gol en OK Liga
- Gerard Teixidó | 21 | 7 goles en OK Liga
- Àlex Rodríguez | 27 | 23 goles en OK Liga
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (16:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: