23 de marzo de 2024
Tomás Pereira no Clásico disputado na WSE Champions League. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
Deportivo Liceo e Barcelona enfrontaranse o domingo ás 12:00h no Pazo dos Deportes de Riazor.
Do 3 de marzo ó 24. Regresa o hockey sobre patíns para o Deportivo Liceo e non o fará de calquer xeito. Será con todo un clásico entre o conxunto de Juan Copa e o Barcelona (12:00h) para oficializar o comezo do tramo final desta Fase Regular.
O partido estará dirixido polos árbitros Alberto Pérez Pérez e Juan Iglesias Vallina, con Lorenzo Bosch Sande como auxiliar. O Pazo dos Deportes de Riazor ofrecerá entradas a tan só 5€ para público xeral co obxectivo de engalanar as gradas de verde e de branco.
Partidazos entre paróns
Volve a acción competitiva pero tamén o farán as semanas sen ela. As cinco xornadas restantes de Fase Regular estarán repartidas ata o 4 de maio, día no que o Liceo recibirá ó Noia para pechala. Entre medias viviranse un total de dous descansos máis.
Tralo Clásico vivirase un dos dous paróns que restan na OK Liga
Tralo partido ante o Barcelona virá un parón dunha semana e ata o 6 de abril, cando haberá que visitar Reus. Despois dese choque non se afrontará outro ata o 20, cando os verdibrancos xoguen como locais ante o Voltregà. O día 27 tocará viaxar a Alcoi.
O obxectivo nesas cinco probas é claro: clasificarse para o playoff polo título. E na mellor posición posible. De momento o Deportivo Liceo é terceiro con 38 puntos, tres menos có Noia e tres máis có Calafell.
Podes ver o calendario completo e a clasificación neste enlace.
A lista habitual
Juan Copa contará cos mesmos xogadores que conforman as convocatorias desde o comezo do novo ano. Só continuará na mesa a baixa de Bruno Saavedra, apartado das pistas desde principio de tempada debido a unha lesión de escafoides.
Os homes elixidos para loitar contra o Barcelona son os seguintes:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 7 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 24 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 20 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
- Fabri Ciocale | 9 | 6 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- Fran Torres | 44 | 4 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
- Guido Pellizzari | 54 | 1 gol en OK Liga
- Pablo Cancela | 74 | 9 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
Visita dun Barcelona forte
Fronte a fronte xogará o Barça de Edu Castro, cuxos bos resultados na Fase Regular xa aseguran matemáticamente a súa primeira praza. Son 59 puntos froito de 19 vitorias e dous empates, sendo ademais o equipo máis realizador (116 goles) e o menos superado (33).
O Barça tamén ten un fronte aberto en chave europea, xa que todavía sobrevive a súa participación na WSE Champions League. Aínda así, o seu cruce de cuartos de final pende dun fío debido á derrota inicial por 4-1 sufrida na pista do Sporting de Portugal.
O Barcelona xa é o primeiro clasificado matemático da Fase Regular de OK Liga
Edu Castro contará para o Clásico coas baixas de Pau Bargalló, Sergi Fernández e Xavi Barroso, que segundo o propio club culé acusan sendas doenzas musculares. Bargalló e Barroso xa non participaron no último partido do Barcelona, disputado o pasado luns 18 contra o Calafell (triunfo por 6-1).
Polo tanto, presumiblemente entrarán na convocatoria os canteiráns Jan Curtiellas, Adrián Galán e Miquel Escala. A lista é a seguinte, así como os datos de goles de cada un:
- Adrián Galán| Porteiro, dorsal 13
- Carles Grau | Porteiro, 58
- Jan Curtiellas | 2
- Ignacio Alabart | 3 | 20 goles en OK Liga e 4 na WSE Champions League
- Miquel Escala | 6
- Sergi Panadero | Capitán, 9 | 5 goles en OK Liga
- Marc Grau | 28 | 18 goles en OK Liga e 5 na WSE Champions League
- Sergi Llorca | 44 | 8 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
- Eloi Cervera | 72 | 3 goles en OK Liga
- João Rodrigues | 79 | 37 goles en OK Liga e 9 na WSE Champions League
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (11:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite a súa situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: