3 de febreiro de 2024
O Deportivo Liceo de Juan Copa recibirá en Riazor ó Sant Just trala gran vitoria lograda ante o Hockey Rivas.
Preséntase ante o Deportivo Liceo unha gran oportunidade para ver as cousas doutro xeito. O Sant Just visitará o Pazo dos Deportes de Riazor (sábado, 18:00h) como a revelación, pero terá fronte a fronte a un grupo que ofreceu unhas sensacións realmente positivas fai menos de sete días. O conxunto de Juan Copa, que venceu ó Rivas por 0-6, buscará agora sumar un segundo triunfo de forma consecutiva.
Este partido estará dirixido polos árbitros Alberto Pérez Pérez e Juan Iglesias Vallina, con Carlos Chouciño Fernández como auxiliar. A 17º xornada da OK Liga estará retransmitida en directo e de balde por Hockey Global mediante a canle de YouTube de OK Liga TV.
Tres probas nunha semana
O mes de febreiro ofrece a posibilidade de recuperar o voo, pero tamén un calendario intenso de partidos que comeza esta mesma semana. Serán tres en oito días. Ó do Sant Just haberá que sumarlle a quinta xornada de WSE Champions League, que o xoves 8 mandará ó Liceo a Barcelos (22:00h de España). En xogo estarán as posibilidades restantes de clasificación.
Tras iso, e sen apenas días de descanso, a OK Liga regresará o domingo día 11 a Riazor. Ás 12:00h, os verdibrancos recibirán ó Mataró para continuar a Fase Regular e loitar por continuar a escalada hacia a zona alta.
A polos tres puntos cos habituais
Das tres, esta primeira convocatoria de Juan Copa non sufrirá cambios con respecto ás máis recentes. Xogarán contra o Sant Just os mesmos dez xogadores que venceron contundentemente ó Rivas en Vaciamadrid.
A única baixa continuará sendo a de Bruno Saavedra, xa nas fases finais da súa recuperación. O coruñés sufriu a principios de curso unha lesión de escafoides.
Polo tanto, os elixidos para este sábado son os seguintes:
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 6 goles en OK Liga e 3 na WSE Champions League
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 17 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 12 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
- Fabri Ciocale | 9 | 5 goles en OK Liga
- Fran Torres | 44 | 3 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 8 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
Contra unha das sorpresas da competición
A condición de recén ascendido do Sant Just non impediu que deixe marca nesta OK Liga. O equipo dirixido por Mia Ordeig permanece na zona alta dunha clasificación que incluso chegou a liderar a principios de curso. Acumula sete triunfos, dous empates e siete derrotas. Sumar de tres en Riazor podería supoñer o alcanzar a terceira praza.
O Sant Just chegará a terras galegas despois de superar ó Mataró, terminando así una xeira negativa de tres tropezos consecutivos. Un rexistro que non lle impediu descolgarse dos que serían cabezas de serie nun playoff.
O seu plantel, presentado a continuación, deberá recibir dous descartes para cumprir o cupo máximo de dez xogadores por convocatoria:
- Elagi Deitg | Porteiro, dorsal 1
- Dídac Sánchez | Porteiro, 13
- Xavi Crespo | 2 | 5 goles
- Borja López | 3 | 1 gol
- Arnau Saladrigues | 5
- Cristian Rodríguez | 9 | 14 goles
- Pol Macià | 17 | 2 goles
- Joan Pujalte | 33 | 13 goles
- Edu Fernández | 66 | 5 goles
- Iñaki Cabezas | 70 | 1 gol
- Gerard Miquel | 77 | 4 goles
- Enric Casanovas | 96
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo pasa cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: