19 de xaneiro de 2024
O Deportivo Liceo, que recibirá ó Calafell, volverá a xogar ante a afección verdibranca.
O hockey regresará á pista do Pazo máis de 30 días despois. Deportivo Liceo e Calafell volverán a ofrecer espectáculo a Riazor na 15º data da OK Liga, coa súa Fase Regular xa en plena segunda metade de vida. O asubío inicial soará o sábado 20 ás 18:00h.
Dito partido estará dirixido polos colexiados Miguel Díaz Cosme e Pablo Nicieza Elosegui, con Carlos Chouciño Fernández como auxiliar. Como é habitual, os Liceístas que non poidan velo presencialmente poderán facelo de forma telemática a través de Hockey Global mediante OK Liga TV (YouTube).
Lista de dez para volver a casa
Os homes de Juan Copa estarán dispoñibles para as súas ordes a excepción de Bruno Saavedra, que sigue avanzando fases na recuperación da súa lesión de escafoides.
Os dez elixidos serán os mesmos dos últimos encontros:
- Martí Serra | Porteiro, 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 5 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 15 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 9 goles en OK Liga e 2 na WSE Champions League
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
- Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga e 1 na WSE Champions League
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles en OK Liga e 1 na WSE Champions League
Dez xogadores que actualmente ocupan a novena praza da OK Liga, caracterizada este ano por unha zona media de gran igualdade. Só cinco puntos separan ó terceiro (Alcoi, 22) do antepenúltimo (Lleida, 17).
O Liceo suma actualmente un total de 19 unidades e buscará unha vitoria que, dadas as circunstancias, podería supoñer un salto importante na táboa.
Ante un rival de Champions
Visitará o Pazo dos Deportes un Calafell que está a rexistrar unha Liga non tan brillante como as anteriores, pero si unha WSE Champions League de notable.
O vindeiro anfitrión da Copa do Rei é o actual cuarto clasificado da Fase Regular doméstica con 21 puntos: seis triunfos, tres empates e cinco derrotas. Un deses resultados positivos chegou na visita liceísta ó Joan Ortoll, onde o conxunto dirixido por Ferran López venceu por 3-2 (dous tantos do capitán Arnau Xaus e un de Joan Pascual). A súa proba en Galicia chegará tras sumar de tres tamén como locais ante o Sant Just, a revelación da OK Liga.
O Calafell tamén permanece máis que vivo no Grupo B da Champions. É terceiro e sumou catro puntos nunha división que inclúe a Reus Deportiu, Benfica e Sporting de Portugal. Precisamente foi capaz de sumar un empate na pista destes últimos (2-2), algo que case rabuñou ante o SLB (3-2).
O plantel catalán está formado polos seguintes xogadores, estando Joan Escala aínda de baixa competitiva:
- Gerard Camps | Porteiro, dorsal 10
- Marc Solans | Porteiro, 23
- Joan Pascual | 2 | 2 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Arnau Xaus | Capitán, 3 | 18 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Jordi Ferrer | 5 | 8 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Borja Espinosa | 7
- Oriol Vives | 19 | 2 goles en OK Liga e 1 en Champions
- Josep Maria ‘Jepi’ Selva | 29 | 10 goles en OK Liga e 2 en Champions
- Sergi Miras | 55 | 5 goles (OK Liga)
- Carles Domènech | 66 | 2 goles en Champions
Entradas a 5€ para público xeral
O público xeral conta con entradas online dispoñibles para este choque a través do seguinte enlace de Cluber. O prezo é de 5€ cada unha. O propio día do partido, as taquillas do Pazo dos Deportes estarán abertas desde unha hora antes (17:00h) para a venda de pases físicos.
Como ocorrerá durante todo o curso 23/24, os socios verdibrancos poderán entrar gratis a Riazor ensinando o código QR do seu carnet. Vale tanto de forma dixital como impresa. O mesmo ocorre cos abonados provintes do Real Club Deportivo, que tamén deberán mostrar o carnet que acredite dita situación.
Se todavía non es socio podes sumarte ó Deportivo Liceo 23/24 a un prezo totalmente inmellorable.
Por outra parte, tamén entrarán gratis os nenos e nenas que cumpran cunha das seguintes dúas condicións. En ambas será necesario acreditar debidamente cada situación nas portas: