13 de xaneiro de 2024
Lance de Pablo Cancela no duelo da primeira volta, que acabou con triunfo liceísta. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo comezará a segunda volta de competición na pista do Igualada, onde buscará atoparse outra vez co sabor do triunfo.
Unha nova volta e unha nova oportunidade para recuperar sensacións. A Fase Regular da OK Liga entra esta fin de semana na súa segunda metade de vida co Deportivo Liceo en busca dun triunfo que sería reparador. Procurará facelo realidade ante o Igualada na súa pista de Les Comes (domingo 14, 16:00h).
Esta decimocuarta data estará dirixida polos colexiados Jonathan Sánchez García e Luis Mier Sánchez, con Álex García Cano como auxiliar. Como é habitual, o partido poderase seguir en directo e totalmente de balde a través de OK Liga TV (canle de YouTube).
A por un triunfo reparador
Para o conxunto dirixido por Juan Copa avecíñase unha chance máis para volver a contar os seus partidos por vitorias. Non chegou nos dous últimos compromisos. Nin na WSE Champions League, coa recente derrota na pista do Forte dei Marmi (4-2), nin na propia competición doméstica (3-1 en Sant Sadurní).
O Liceo é actualmente oitavo na clasificación xeral con 18 puntos, pero a só dous do terceiro: o Sant Just, que conta con 20. Un triunfo cambiaría radicalmente as sensacións do grupo, con todavía moito que dicir nos meses de competición que restan.
Trala visita a Les Comes, os homes de Juan Copa regresarán ó Pazo dos Deportes de Riazor. Ademais, dúas veces en cinco días: o 20 de xaneiro (Calafell, OK Liga) e o 25 (Forte, Champions).
A mesma expedición de Italia
Os integrantes do Deportivo Liceo, unha vez terminado o choque europeo, viaxaron a Cataluña sen escala na Coruña. Polo tanto, os responsables de loitar polos tres puntos serán os mesmos. Un deles será Pablo Cancela, totalmente dispoñible para Juan Copa a pesar do golpe na man que recibiu no PalaForte:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2 | 4 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
- Tomás Pereira | 4 | 4 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
- César Carballeira | 5 | 13 goles en OK Liga, actual pichichi do Deportivo Liceo
- Dava Torres | Capitán, 8 | 7 goles en OK Liga e dous en WSE Champions League
- Fabri Ciocale | 9 | 4 goles en OK Liga
- Fran Torres | 44 | 1 gol en OK Liga e un en WSE Champions League
- Guido Pellizzari | 54
- Pablo Cancela | 74 | 7 goles en OK Liga e un en WSE Champions League
Un rival de gran historia
O Igualada, dirixido por Marc Muntané, é un dos equipos con máis e mellor palmarés do hockey sobre patíns nacional. Agora vive momentos de non tanta gloria, aínda que todavía con presenza importante tanto en España como en Europa. No que se refire ó vello continente todavía permanece vivo na WSE Cup.
O club de Les Comes ocupa a sétima praza da OK Liga con 19 puntos, un máis có Liceo. O plantel dos cataláns é o seguinte, con once xogadores entre os que deberá ser descartado un porteiro:
- Guillem Torrents | Porteiro, dorsal 1
- Jaume Marqués | Porteiro, 10
- Xavier Bosch | Portero, 78
- Nil Cervera | 2 | 8 goles
- Biel Llanes | 3
- Gerard Riba | 4 | 8 goles na OK Liga e un na WSE Cup
- Marc Rouzé | 7 | 5 goles
- Uri Llenas | 9 | 1 gol en OK Liga e un na WSE Cup
- César ‘Tety’ Vives | 19 | 2 goles
- Marc Carol | 32 | 5 goles
- Aleix Marimon | 74 | 3 goles