30 de setembro de 2023
Coa Supercopa xa no pasado, o Deportivo Liceo recibirá ó Igualada para comezar unha nova OK Liga (sábado 30, 18:00h).
Co curso oficialmente comezado, pouco a pouco fan o mesmo as súas grandes competicións. A máis duradeira deixará a súa primeira proba este sábado 30 ás 18:00h. Empeza a OK Liga 23/24 cun Deportivo Liceo que sempre será batallador.
A xornada 1 desta fase regular enfrontará ó conxunto de Juan Copa co Igualada no Pazo dos Deportes de Riazor. Será o inicio dunha travesía que durará un mínimo de 26 datas, sen contar o hipotético playoff polo título. Este constaría de cuartos de final (ó mellor de tres partidos), semifinais e finais (ambas ó mellor de cinco).
Este choque estará dirixido por David Cantos Bonales e Álvaro de la Hera Jáudenes, con Carlos Chouciño Fernández como auxiliar; e será retransmitido tanto por televisión (TVG 2) como por internet (G24, Hockey Global e OK Liga TV).
26 pequenos pasos
A fase regular da OK Liga 23/24 constará de 26 datas que se disputarán ata principios de maio de 2024. Como é habitual, as vitorias otorgarán 3 unidades, os empates 1 punto e as derrotas cero.
Unha vez finalizada a primeira volta (xornada 13), os oito equipos mellor clasificados disputarán a Copa do Rei ó longo da fin de semana do 9 de marzo. A sede todavía está por confirmar.
O calendario completo do Deportivo Liceo para esta fase regular é o seguinte (datas abertas a cambios de última hora):
Todos convocados
Juan Copa non terá ningún problema á hora de conformar a súa lista para esta estrea ligueira. Tódolos xogadores do Liceo 23/24 estarán dispoñibles para buscar o triunfo fronte ó Igualada.
Polo tanto, a convocatoria queda composta polos seguintes homes (dorsais á dereita):
- Martí Serra | Porteiro, 1
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33
- Sito Ricart | 2
- Tomás Pereira | 4
- César Carballeira | 5
- Dava Torres | Capitán, 8
- Fabri Ciocale | 9
- Bruno Saavedra | 13
- Fran Torres ‘Tombita’ | 44
- Pablo Cancela | 74
Visita dun histórico
O Pazo dos Deportes recibirá ó Igualada Rigat, un dos clubes máis prestixiosos do panorama nacional de hockey sobre patíns.
Está actualmente liderado por Marc Muntané, que sustitúe a Cesc Fernández despois de que este alcanzara os cuartos de final polo título no curso 22/23. O verdugo de aquel equipo foi, precisamente, o Deportivo Liceo (2-0 na eliminatoria).
O plantel ó completo do Igualada é o seguinte. Ó ser once xogadores, deberán realizar un descarte que terá lugar antes do propio partido:
- Guillem Torrents | Porteiro, 1
- Jaume Arnau | Porteiro, 10
- Xavier Bosch | Porteiro, 78
- Nil Cervera | 2
- Gerard Riba | 4
- Marc Rouzé | 7
- Uri Llenas | 9
- Tety Vives | 19
- Roger Bars | 22
- Marc Carol | 32
- Aleix Marimon ‘Mabe’ | 74