30 de maio de 2024
Imagen: MANU BOUTUREIRA.
O Deportivo Liceo de Juan Copa comezará este venres unha eliminatoria ó mellor de cinco encontros e cos cataláns como rivais.
Para conseguir os obxectivos hai que superar os maiores obstáculos. Estes Playoffs polo título da OK Liga ofrécenlle agora ó Deportivo Liceo outro máis nas súas semifinais: o Noia, un dos equipos máis destacados do presente curso e histórico do hockey nacional.
Esta eliminatoria ó mellor de cinco partidos comezará no Ateneu de Sant Sadurní, onde o venres (20:30h) e o domingo (12:30h) terán lugar as primeiras dúas probas. Tanto estas como o resto poderanse seguir gratis e en directo grazas á canle de YouTube de OK Liga TV.
Todos dispoñibles para viaxar a Sant Sadurní
Juan Copa e a totalidade do plantel xa se atopan en terras catalás. Non hai ningunha lesión nin baixa que merme ó grupo, aínda que se deberá realizar un descarte para cumprir co máximo de dez xogadores que permiten as convocatorias. Os mesmos decidiranse horas antes destes primeiros dous encontros.
Os desprazados a Cataluña son os seguintes, así como as súas cifras goleadoras ó longo da OK Liga:
- Martí Serra | Porteiro, dorsal 10.
- Tiago Rodrigues | Porteiro, 33.
- Sito Ricart | 2 | 8 goles en Fase Regular e 2 en Playoffs.
- Tomás Pereira | 4 | 5 goles en Fase Regular e 1 en Playoffs.
- César Carballeira | 5 | 28 goles en Fase Regular e 2 en Playoffs, actual pichichi do Deportivo Liceo.
- Dava Torres | Capitán, 8 | 21 goles en Fase Regular e 5 en Playoffs.
- Fabri Ciocale | 9 | 7 goles en Fase Regular.
- Bruno Saavedra | 13 | 3 goles en Fase Regular e 1 en Playoffs.
- Fran Torres | 44 | 5 goles en Fase Regular.
- Guido Pellizzari | 54 | 2 goles en Fase Regular.
- Pablo Cancela | 74 | 11 goles en Fase Regular e 1 en Playoffs.
Os encargados de loitar polo pase ás semifinais serán os mesmos que lograron vencer ó Voltregà nos Cuartos de Final. Fixérono pola vía rápida tras impoñerse por 5-2 en Riazor e por 6-7 en Sant Hipòlit.
Eliminatoria ó mellor de cinco partidos
A gran diferenza coa eliminatoria de Cuartos de Final será o número de partidos. Mentres que a rolda inaugural era ó mellor de tres, esta será ó mellor de cinco, polo que será necesario gañar un total de tres para avanzar á final.
O Noia contará con factor pista favorable debido á súa mellor clasificación na Fase Regular, polo que tres dos cinco encontros que se disputen serán no Ateneu.
Ante o Noia, o Liceo colleitou na Fase Regular unha derrota en Sant Sadurní (3-1) e un empate na Coruña (4-4)
A orden será a seguinte: Noia, Noia, A Coruña, A Coruña e Noia. O terceiro partido está planeado para o 7 de xuño ás 20:30h, mentres que o cuarto e o quinto (en caso de ser necesarios) terán lugar os días 9 e 11.
A final, chegue quen chegue, tamén se xogará co mesmo número de probas. O gañador destas semifinais deberá enfrontarse ben ó Barcelona ou ó Reus Deportiu.
Un Noia fiable e solidario
O equipo de Pere Varias, segundo clasificado na Fase Regular, tamén se gañou un posto en semifinais pola vía rápida. Aínda que debeu emplearse a fondo para vencer ó Igualada, un 6-3 e un 4-6 serviron para avanzar e proclamarse como un dos catro candidatos definitivos ó trofeo.
Os de Sant Sadurní contan co mencionado factor pista a favor e cun grupo fiable que só perdeu dous encontros en toda a Fase Regular. Ningún deles foi no Ateneu.
Ese é un dos datos que levaron ó Noia ó segundo posto da mesma, ademáis da segunda mellor cifra goleadora dos 14 equipos que forman a competición. É, de engadido, un gol moi repartido: ata seis xogadores superan a decena de dianas entre a Fase Regular e os Playoffs.
Pere Varias afrontará a eliminatoria cos seguintes dez homes:
- Blai Roca | Porteiro, dorsal 20.
- Jan Marimon | Porteiro, 89.
- Aleix Esteller | Capitán, 4 | 12 goles en Fase Regular e 1 en Playoffs.
- Xavi Costa | 6 | 16 goles en Fase Regular e 2 en Playoffs.
- Toni Salvadó | 8 | 8 goles en Fase Regular.
- Jordi Bargalló | 9 | 11 goles en Fase Regular e 3 en Playoffs.
- Martí Gabarró | 27 | 15 goles en Fase Regular e 2 en Playoffs.
- Humberto Mendes | 32 | 5 goles en Fase Regular.
- Xavi Rovira | 74 | 15 goles en Fase Regular e 3 en Playoffs.
- Iván Morales | 97 | 12 goles en Fase Regular e 1 en Playoffs.