A OK Liga non se detén. Non só iso, senón que se acelera. O Deportivo Liceo de Juan Copa deberá afrontar dúas probas durante esta semana e a primeira delas será no Pavelló Municipal de Arenys de Munt (martes 20, 21:00h, canle de YouTube de OKLIGA.TV).
Significará a segunda saída dentro dunha competición que, polo de agora, non pode ser máis positiva. O conxunto verdibranco conta os seus dous encontros contra Voltregà (3-4) e Girona (6-1) por vitorias, así que é un dos cinco (xunto a Barça, Alcoi, Noia e Reus) que suman seis puntos nesta ceda clasificación. A visita á pista do ascendido Arenys terá como obxectivo convertilos en nove.
Unha vez superado este choque, o Liceo volverá rápidamente á Coruña para preparar o duelo en casa ante o PHC Sant Cugat. Será a cuarta xornada regular de competición (venres 23, 21:30h).
Convocatoria sen baixas
Unha das boas novas residirá, outra vez, na lista de chamados. Juan Copa poderá contar con tódolos seus homes por terceira xornada consecutiva.
Polo tanto, os ocupantes da viaxe hacia Arenys de Munt serán Martí Serra, Mati Bridge, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Dava Torres, Fabri Ciocale, Sito Ricart, Arnau Canal, Àlex Rodríguez y Fran Torres.
Son os protagonistas dun bo rendemento colectivo que se demostra co reparto dos goles marcados. Bastaron dous choques para que lograran ver porta ata cinco xogadores: César Carballeira (pichichi actual con tres), Arnau Canal, Bruno Di Benedetto, Àlex Rodríguez (todos con dous tantos) e o capitán Dava Torres (unha diana).
Contra a ilusión dun ascendido
No seu Pavelló agardará o Arenys de Munt, un dos recén ascendidos da presente OK Liga. Os seus dous partidos resultaron nun punto sumado: táboas na casa ante o Sant Cugat (4-4) e derrota na dura pista do Noia (6-2).
O equipo dirixido por Enric Daumal tamén se caracteriza por un gol ben repartido, aínda que a cifra total é menor á liceísta. Os seus seis tantos a favor, contra os dez dos coruñeses, tamén teñen a sinatura de cinco xogadores: Marc Pujadas (dous), Aleix Domenech, Arnau Font, Lluc Vilà e o ex do Noia Alex Joseph (todos con un).