PREVIA OK LIGA (Playoff, Semifinais, Partidos 1 e 2) | Nova pugna co Calafell

PREVIA OK LIGA (Playoff, Semifinais, Partidos 1 e 2) | Nova pugna co Calafell

Bruno Di Benedetto conduce a bóla no Liceo-Calafell de WSE Champions League. Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Só quedan catro candidatos para levantar o título e un deles é o Deportivo Liceo de Juan Copa. Interponse no seu camiño o Calafell, rival dunhas semifinais dos playoffs que agora si se decidirán ó mellor de cinco partidos. Os dous primeiros, grazas ó factor pista favorable, serán no Pazo dos Deportes de Riazor: venres 26 (21:45h) e domingo 28 (12:00h). Na seguinte fin de semana, con horarios aínda por confirmar, a eliminatoria trasladarase a Cataluña.

O conxunto verdibranco accedeu a esta segunda ronda polo entorchado despois de superar pola vía rápida ó Igualada, co cal quedou emparellado tralo segundo posto na fase regular (5-4 en Riazor e 1-7 en Les Comes). Estes cuartos de final, ó contrario do que ocorre agora, foron ó mellor de tres duelos.

A ronda decidirase ó mellor de cinco partidos, co Deportivo Liceo como poseedor do factor pista

No que respecta ó aspecto arbitral, o encontro inicial das semifinais será dirixido polos colexiados Sergi Mayor Oliván e Alberto Pérez Pérez; sendo auxiliados por Rubén Fernández García. No segundo encontro, por outro lado, estarán na pista Jonathan Sánchez García e David Cantos Bonales, con Nicolás Morandeira Sánchez como auxiliar.

Ambos serán retransmitidos en directo vía streaming mediante OK Liga TV (canle oficial de YouTube).

Imaxe: MANU BOUTUREIRA.

Catro candidatos restantes

Os cuartos de final da OK Liga remataron con catro superviventes: Deportivo Liceo, Calafell, Barça e Noia. Todos eles superaron a súa eliminatoria por vía rápida, eliminando a PAS Alcoi, Noia, Lleida e Igualada.

Agora comeza unha ronda que, como se mencionou antes, será ó mellor de cinco duelos. Neste caso, o gañador de Liceo-Calafell enfrontarase ó gañador do Barça-Noia. A final tamén se disputará co mesmo formato a partir da fin de semana do 10 de xuño.

Como se mencionou anteriormente, os xogadores de Juan Copa contan co factor pista nestas semifinais. Terán dous partidos en Riazor e, como mínimo, un no Pavelló Joan Ortoll. No caso de que a eliminatoria se alongue, xogaríase outro en Calafell. O hipotético quinto encontro celebraríase de novo en Riazor debido á vantaxe clasificatoria do equipo coruñés.

Rival recurrente

Non é a primeira vez que o Deportivo Liceo e o Calafell se enfrontarán este ano. Tampouco a segunda, terceira ou cuarta vez. Será o quinto duelo entre galegos e cataláns despois dos dous da fase regular e doutros dous nos grupos da WSE Champions League. O balance total dos catro partidos é de dúas vitorias para o Liceo, unha para o Calafell e un empate.

Martí Casas, máximo goleador do Calafell, anotou 44 goles en OK Liga ata o momento

Foi e está sendo unha tempada excepcional para o equipo comandado por Ferran López, clasificado para os playoffs como terceiro e loitador incansable na máxima competición europea. É un equipo compacto, multidisciplinar e que ademáis conta co máximo goleador da OK Liga: Martí Casas, autor de 44 goles sumando tódalas fases do torneo. Destaca tamén a contribución individual do exliceísta Sergi Miras.

Un descarte confirmado

Juan Copa xa coñece o descarte que deberá facer para os dous partidos. Trátase de Fran Torres ‘Tomba’, integrante da expedición liceísta que loitará polo Campionato de España Xunior durante o fin de semana.

A lista definitiva, polo tanto, queda composta polos seguintes nomes: Martí Serra, Mati Bridge (porteiros), Sito Ricart, Bruno Di Benedetto, César Carballeira, Pol Manrubia, Dava Torres, Fabri Ciocale, Àlex Rodríguez e Arnau Canal.

Deixa un comentario