Imaxe: DAVID VALIENTE.
Chega unha das datas sinaladas da tempada. Riazor será este sábado o escenario dun novo Clásico contra o Barça (17:00h, HOCKEY GLOBAL), o mellor partido que se pode ver nesta OK Liga. O segundo clasificado recibirá ó primeiro e buscará continuar a persecución de dito liderado que, aínda que difícil, todavía é posible.
Son 47 os puntos cos que actualmente conta o Deportivo Liceo, oito menos có seu rival. Esta será unha boa oportunidade para repoñerse da última derrota na pista do Reus. Juan Copa está preparado: “Recibimos a un equipo que está a facer unha gran fase regular, pero xogamos en casa, onde estamos invictos. É un Clásico e intentaremos dedicarlle un triunfo á xente”.
Baixa de Jordi Adroher
Copa poderá contar con todos excepto con Jordi Adroher, con molestias. Será sustituido polo máis que habitual Nanu Castro, do OK Prata.
Polo tanto, sen contar ó xogador do filial, os homes que procurarán conseguir a vitoria serán os seguintes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Maxi Oruste, Marc Grau, Àlex Rodríguez, Jordi Burgaya e Roberto Di Benedetto.
O último de Aitor Egurrola na OK Liga
Este será o último Liceo-Barça dunha auténtica lenda. Non só do rival, senón do hockey nacional. Aitor Egurrola saltará á pista de Riazor por última vez, polo menos, na OK Liga. Si existe todavía a posibilidade de que o faga nun hipotético encontro da vindeira Golden Cup.
Será un dos xogadores de elite que aterrizarán na Coruña, responsables dun rexistro ligueiro case inmellorable: 19 partidos, 18 vitorias e un empate. Tamén de ser os máis goleadores (134) e os menos goleados (44). Por se fora pouco, dominan as táboas de anotadores e asistentes nas súas primeiras e segundas posicións.
O precedente da primeira volta, celebrado no Palau Blaugrana, saldouse con derrota para o Deportivo Liceo tras un máis que apaixoante partido no que Juan Copa e os seus loitaron ata a fin (8-7).
Como ir ó partido?
Para afrontar esta proba, Juan Copa e o plantel necesitarán a maior cantidade de gorxas posible. Dispóñense as seguintes vías de adquisición de pases.
Na primeira delas, adicada ós socios do Liceo e ós abonados do Real Club Deportivo, haberá pases a un prezo de 5 € por persoa. A compra pódese levar a cabo mediante a seguinte ligazón de CLUBER:
Pola súa parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas a un prezo de 10 €. Adquiriranse de xeito online mediante outra ligazón de CLUBER:
Tódalas persoas que xa conten cun abono para a GOLDEN CUP 50 ANIVERSARIO DEPORTIVO LICEO poderán entrar de xeito gratuito. Só deberán coller unha entrada nas taquillas do Pazo dos Deportes durante a previa do partido.
Normativa sanitaria de acceso
Trala publicación do DOGA do 17 de decembro esíxese que, nas instalacións deportivas que esperen unha afluencia superior a 200 espectadores, se comprobe antes do acceso que os asistentes maiores de 12 anos estén en posesión dalgún documento que acredite unha destas situacións:
- Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Reglamento (CE) nº 726/2004.
- Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas no caso dos tests de antíxenos. No caso dos tests rápidos de antíxenos, deberán están enumerados na lista común e actualizada de tests rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01 do Consello de Europa.
- Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa debe ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 fai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, non sendo válido outro tipo de test.