Toca clausurar o ano 2021. Doce meses de éxitos para o Deportivo Liceo, que antes do receso de Nadal deberá superar un obstáculo realmente duro en forma de Noia (sábado 18, 19:30h). O partido do Olímpic de l’Ateneu, a retransmitir por OKLIGA.TV, será o último deste período e terá un obxectivo innegociable: manterse na loita polo primeiro posto da categoría.
O Liceo de Juan Copa vén de vencer ó Alcobendas por un contundente 10-0, útil para continuar como segundo con 28 puntos de 33 posibles. Unha marca excelente só superada pola do Barcelona, que suma pleno de vitorias.
Baixa de Jordi Burgaya e dous regresos
A expedición que viaxará a Cataluña terá novedades con respecto ás últimas. Á baixa de Maxi Oruste, todavía convalecente dunha pubalxia, únese a de Jordi Burgaya. Por outra parte, retornan á lista tanto Martín Garaboa como César Carballeira. O arxentino Nanu Castro, do OK Prata, tamén estará no Olímpic.
A convocatoria de Juan Copa, en definitiva, estará formada polos seguintes homes: Carles Grau, Dava Torres, Roberto Di Benedetto, Àlex Rodríguez, Marc Grau, Jordi Adroher e os mencionados Martín, César e Nanu.
Un Noia de gran potencial
O rival que pechará 2021 non será precisamente sinxelo. Tocará enfrontarse contra un histórico da OK Liga que, da man de Pere Varias, está completando unha tempada fantástica. O Noia é o actual cuarto clasificado da categoría con 20 puntos e un partido menos que os seus tres superiores: Barça, Lleida e o propio Liceo.
Logrouno grazas a un hockey traballado e potenciado por grandes individualidades. O exliceísta Jordi Bargalló (baixa para o partido) ou Eloi Mitjans reforzaron ó equipo durante o verán e uníronse a outros como o experimentado Xavi Costa ou o talentoso Roc Pujadas (tamén baixa). Excelentes xogadores que poden meter en problemas ó conxunto coruñés.