Comeza a fase decisiva da OK Liga. O Deportivo Liceo, unha vez rematada a Copa do Rei, xa ten o chip posto nun longo e complicado playoff polo título que lle enfrontará a un sorprendente Alcoi. O primeiro encontro dos cuartos de final será no Pazo dos Deportes de Riazor (sábado 14, 17:30h).
Gañará un posto en semifinais o equipo que leve dous dun máximo de tres. A segunda posición liceísta otorgará vantaxe de pista, así que un hipotético terceiro partido tería lugar novamente en Riazor o vindeiro martes 24 de maio (salvo trocos de última hora). O segundo, en Alcoi, será o sábado 21 (tres días antes).
Baixa de Roberto Di Benedetto
Juan Copa sufrirá esta fin de semana a única ausencia de Roberto Di Benedetto, en plena recuperación dunha fractura nasal. O seu posto será ocupado por un xogador máis que habitual nas convocatorias do primeiro equipo: Nanu Castro.
Roberto Di Benedetto foi operado hoxe dunha fractura nos ósos propios do nariz.
Produciuse no lance dun adestramento e permanecerá dez días de baixa.
Ánimo a Roby e moitas grazas á Clinica Barro e Suso polo seu traballo! pic.twitter.com/f6fkptDMFF
— Hockey Club Liceo (@HockeyClubLiceo) May 11, 2022
Así pois, a lista quedará completada polos seguintes homes: Carles Grau, Martín Garaboa, César Carballeira, Dava Torres, Maxi Oruste, Jordi Burgaya, Àlex Rodríguez, Marc Grau e Jordi Adroher.
Un Alcoi tan sorprendente como perigoso
O conxunto de Lorenzo Pastor é, sen dúbida, a revelación da presente OK Liga. A súa condición de recén ascendido non lle impediu meterse no camiño polo título como sétimo clasificado.
Los dos enfrentamientos entre Liceo y Alcoi durante la fase regular terminaron con un triunfo y una derrota para ambos
O Deportivo Liceo coñece perfectamente a capacidade deste bo rival. Aínda que logrou vencelo por 7-3 no encontro de Riazor, a visita ó Polideportivo Francisco Laporta non foi ben. O Alcoi vengouse da derrota e superou ó equipo liceísta (4-3) para mermar as súas opcións de primeiro posto.
Como ir ó Pazo dos Deportes?
Será un gran sábado de Deportivo Liceo, xa que ás 20:00h xogará o equipo feminino co obxectivo de lograr a sexta praza da OK Liga. Abríronse varios escenarios para que, de balde ou por tan só 5€, os liceístas que o desexen asistan a ambos partidos.
O primeiro deles está novamente destinado ós abonados beneficiarios do convenio co Real Club Deportivo. Haberá 500 pases dispoñibles sen máis custo que o tempo adicado á xestión, a realizar mediante a seguinte ligazón de Cluber:
Na chegada ós aledaños do Pazo dos Deportes, as persoas que apliquen esta posibilidade terán a obriga de presentar dous documentos: o código QR proporcionado por Cluber e o carnet do Real Club Deportivo.
Por outra parte, o público xeral que desexe asistir ó encontro conta con entradas dispoñibles a un prezo de 5 euros cada unha. Adquiriranse de xeito online mediante outro enlace de Cluber: