PARTE MÉDICO | Lesión de Fran Torres

PARTE MÉDICO | Lesión de Fran Torres

10 de novembro de 2023


O xogador arxentino sufre unha fractura no nariz que lle manterá apartado das pistas.

Fran Torres, xogador do primeiro plantel do Deportivo Liceo, permanecerá de baixa durante as próximas datas debido a unha fractura nos ósos propios do nariz.

A dolencia, producida durante un dos adestramentos da semana, xa foi operada no Hospital Quirónsalud da Coruña. Desde o Club desexamos brindarlle o noso agradecemento a Quirónsalud, patrocinador do Deportivo Liceo, pola súa rápida e efectiva atención.

‘Tombita’ permanecerá fóra das pistas durante unhas semanas para afrontar o lóxico proceso de recuperación. Unha vez chegado a certa fase, valorarase a súa reincorporación ós adestramentos e ós partidos mediante o uso dunha máscara protectora.

O Liceo deséxalle a Fran o maior dos ánimos para superar este inesperado obstáculo, que aínda así non trunca o que segue sendo un futuro realmente prometedor.

Deixa un comentario