Os doce clubes que integran a EHCA acordaron, por unanimidade, competir na Liga Europea 21/22 únicamente se se respeta o formato de competición consensuado co World Skate antes da inscrición á máxima competición continental. No caso de que o World Skate Europe non respete dito acordo, os doce clubes da EHCA pedirán non estar presentes no bombo do sorteo previsto para o vindeiro día 11 de setembro, renunciando así ó seu dereito de participar na Liga Europea 21/22.
Tras unha primeira decisión dos doce clubes da EHCA de non inscribirse á Liga Europea 21/22 chegaron os contactos co comité internacional World Skate. As distintas reunións levadas a cabo entre os representantes de ambas institucións, xunto coa posterior presenza do World Skate Europe a través dun Comité de Traballo, deron os seus froitos e resultaron nun preacordo que culminou coas inscricións dos doce clubes da EHCA na Liga Europea 21/22.
O preacordo alcanzado garantizaba disputar a competición cun formato de liguilla de todos contra todos con ida e volta en dous grupos de oito equipos cada un, rematando cunha Final Eight entre os catro primeiros clasificados de cada grupo. Este modelo de competición viría precedido dunha fase previa onde tódolos equipos convidados que non conseguiran deportivamente a clasificación deberían competir para alcanzar o máximo dos 16 conxuntos acordados.
A vontade de diálogo da EHCA e a predisposición para buscar unha saída pactada por parte do WS (representadas no señor Francesco Zangarini) e do seu Comité Internacional WS-RHTC (representado polo chairman de WSRH, o señor Carmelo Paniagua) foron chave para chegar ó consenso. Ambas partes entendían que o hockey sobre patíns era o gran gañador.
Sorprendentemente, o 19 de agosto, o World Skate Europe – Rink Hockey publicou un comunicado oficial no que se describía un formato de competición de tres fases. A primeira está composta por un total de 20 equipos que xogarían repartidos en catro grupos de cinco, con liga de todos contra todos en cada un, pero só con partidos de ida. A EHCA manifesta o seu desacordo con este formato, que non cumpre as características de calidade do espectáculo que todos estamos a buscar.
Os doce equipos da EHCA queren participar nun modelo de competición á altura dos tempos que corren e das expectativas que tódolos profesionais e afeccionados do hockey sobre patíns están agardando.
A pesar de anunciar un formato distinto ó acordado, a EHCA continuou confiando en que se alcanzase un acordo entre o World Skate e os clubes. Un acordo que permitira traballar xuntos na organización da Liga Europea, cun modelo de xestión máis profesionalizado, integrando os intereses do World Skate e dos clubs e sempre baixo a oficialidade dos órganos federativos internacionais.
Nese intento, o Presidente da EHCA (o señor João Nuno Araújo) enviou dous correos electrónicos ó máximo mandatario do World Skate (o señor Sabatino Aracu) con datas do 21 e o 30 de agosto. En ditos correos, aínda sen resposta, pedíase unha reunión explicativa da situación. O obxectivo era tomar as medidas oportunas para desatascar a situación ante o total desentendemento do WSE ó respecto das reunións que se foron celebrando entre o WS e a EHCA.
Polo tanto, os doce clubes integrantes da EHCA acordaron, por unanimidade, competir na Liga Europea 21/22 únicamente se se respeta o formato da competición consensuado inicialmente co WS. É unha decisión que permite ser coherente coas conviccións sobre o que necesita o noso deporte e pensando no mellor para o hockey europeo.
En consecuencia e ante a falta de respeto demostrada, se se confirma o formato comunicado por WSE-RH, os doce clubes da EHCA mandarán un escrito ó WSE solicitando expresamente non estar no bombo do sorteo.