O filial do Deportivo Liceo prepara xa a súa vindeira proba da OK Prata: a visita do UDC Rochapea ó Agra, que terá lugar o sábado 26 ás 17:00h. Un novo obstáculo co obxectivo de asaltar a zona alta do Grupo Norte e mellorar a actual sétima posición.
Este partido será unha oportunidade importante para que os 25 puntos colleitados ata o de agora tornen en 28. A condición de colista destacado do rival, iso si, tampouco deberá provocar confianza excesiva. As escasas catro unidades do Rochapea non deben enganar por un motivo sinxelo: unha delas foi lograda na primeira volta ante o propio Liceo (5-5), polo que o rival demostrou que sabe facerlle dano ós homes esta vez dirixidos por Sergio Huelves.
Con esta, restarán cinco xornadas para a fin da OK Prata
A 18º xornada de competición será a última do mes de marzo e achegará máis a súa conclusión, xa que con esta restarán cinco datas de fase regular. Implicarán enfrontamentos, por esta orde, contra o mencionado Rochapea, Vendrell (fóra), Dominicos (casa), Sant Feliu (fóra) e Tordera (casa).