A Coruña será, do 11 ó 17 de abril, o centro mundial do hockey. O Pazo dos Deportes albergará a Golden Cup 50 Aniversario Deportivo Liceo, a maior competición do noso deporte cuxo sorteo será o vindeiro 8 de marzo ás 13:00h (Concello da Coruña).
Un evento multitudinario para o que xa hai entradas á venda:
Os protagonistas serán os doce mellores conxuntos de Europa: Sporting de Portugal, Porto, Benfica, Barcelos, Oliveirense (portugueses), Deportivo Liceo, Barça, Noia, Reus, Caldes (españois), Forte dei Marmi (italiano) e Saint-Omer (francés). Un cartel de auténtica élite.
A competición constará, inicialmente, dunha fase de grupos. Serán catro con tres equipos cada un, non poderán xuntarse dous da mesma nacionalidade e pasarán os dous mellores. Posteriormente haberá cuartos de final, semifinais e final.